Esta nova edición do torneo contou cun total de 39 equipos inscritos (4 equipos de minibásquet, 12 equipos de categoría infantil/cadete e 23 de categoría júnior/sénior). Na tarde do venres 19, saltaron á pista os equipos de categoría minibásquet, infantil e cadete; sendo na xornada do sábado 20 o turno da competición de categoría júnior e sénior.
Máis de 200 xogadores e xogadoras participaron no Torneo 3×3. Cazacanastas, Another Salchichón, Los Chuflas, Los Currys, Divas, Centolos, Maccabi de Levantar, Los Fantásticos de Coia, Satanás Boys e Denver a Verme foron o nome dalgúns dos combinados que participaron no torneo.
Despois da disputa dos preto de 100 partidos, os conxuntos campións desta sexta edición foron Star Girls en categoría minibásquet, Rumanems en categoría infantil/cadete; e o conxunto Camel Team en categoría júnior/sénior. Os equipos subcampións das tres categorías foron Lady Jordans, Los Chuflas e Los Ángeles de Charlie, respectivamente.
Esta nova edición do torneo tamén contou, por ver primeira, cun Premio ao Mellor Xogador do evento, que despois da final foi concedido a Jorge Fdez. García Garabal, integrante do equipo Camel Team.