A competición comezará o 9 de outubro e a liga regular finalizará o 29 de xaneiro. O Seis do Nadal estrearase recibindo no seu pavillón ao Gijón Basket, mentres que o VGO Basket desprazarase a Santiago de Compostela para medirse ao Instituto Rosalía de Castro. Este subgrupo A-B complétano Estudantes Lugo Leyma Natura, El Rosal CDP, Club Ourense Baloncesto, BVM2012, CB La Flecha, Santo Domingo Betanzos, CB Chantada, Baloncesto Narón, ULE ALN Fundación e CB Virgen de la Concha.
Doutra banda, o Seis do Nadal anunciou este mércores a súa sexta renovación do verán. Trátase de David Bernárdez, ala pívot de 1,96 m. de altura, que comezou a súa formación como xogador de baloncesto no Colexio Maristas en categoría infantil na tempada 2004/2005. Nas tempadas 2007/2008 e 2008/2009 formou parte do equipo júnior do Gestibérica Vigo e apoiaba ao equipo de LEB Bronce (07/08) e de LEB Prata (08/09). Na campaña 2006/2007 formou parte da selección galega cadete e foi convocado coa preselección española U16. Na formación de David Bernárdez destaca que foi en sete ocasións campión galego.
Xa como xogador sénior, xogou nas tempadas (2009/2010 e 2010/2011) no Obradoiro de Liga EBA, nas campañas 2011/2012 e 2012/2013 competiu co Rosalía de Castro de Santiago de Compostela en Liga EBA e Primeira Nacional, incorporándose no curso 2014/2015 ao equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, que militaba na Primeira División, conseguido na tempada pasada 2015/2016 o ascenso a Liga EBA.
Esta renovación súmase ás xa anunciadas de Cristian García, José Enrique Henríquez, Fernando Mouriño, Alexandre Pérez e Óscar García e ó fichaxe de Pablo González, polo que o Seis do Nadal ya conta con sete xogadores.