14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

IV Memorial Quino Salvo

"Se todo o baloncesto de Vigo está de acordo, haberá equipo masculino"

O alcalde de Vigo avanza o seu apoio a un proxecto para crear un equipo "de certo nivel en algunha división significativa"

26 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
O rexedor inaugurou a exposición fotográfica que afonda na figura de Quino Salvo coma xogador e adestrador de baloncesto. / Foto: vigo.org O rexedor inaugurou a exposición fotográfica que afonda na figura de Quino Salvo coma xogador e adestrador de baloncesto. / Foto: vigo.org

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e do presidente da Asociación Quino Salvo, Ramón Lago, inaugurou este luns a exposición do IV Memorial Quino Salvo, de novo diante do museo Marco. O rexedor avanzou o seu apoio a un proyecto para crear un equipo masculino na cidade.

"Se todo o baloncesto de Vigo se pon de acordo, estou disposto a lanzar un proxecto porque creo que Vigo ten que aspirar a un equipo de certo nivel no baloncesto masculino; en categoría feminina xa o temos e seguimos impulsando ao Celta Zorka para o ascenso", comprometeu o alcalde.

Caballero avanzou que a idea "require un certo acordo de todo o baloncesto de base", ao que localizou "en tres ámbitos moi importantes", e amosouse convencido de que así se podería alcanzar "algunha división significativa", co Concello xestionando algún patrocinio privado porque "estamos nun área de medio millón de habitantes".

O Memorial Quino Salvo de baloncesto visibiliza a súa cuarta edición cunha exposición fotográfica máis centrada na traxectoria de Quino Salvo como xogador de elite e adestrador. Nesta ocasión, a serie fotográfica recolle múltiples momentos da vida deportiva de Salvo, tanto coma xogador ou técnico, ademais dedicar un dos catro expositores tamén ao baloncesto vigués de base.

"O Memorial volveuse unha efeméride, un momento importante do baloncesto e do deporte de Vigo, primeiro polo que significa de lembranza dunha figura tan importante como foi Quino, e segundo porque nos gusta o baloncesto", subliñou o rexedor.

Caballero, que tamén viu entre as imaxes ao actual rector da Uvigo, Manuel Reigosa, pois este foi xogador de baloncesto, felicitou á asociación porque "non é doado organizar un evento destes", e chanceou co feito de que "nos falta Pachi para completar o equipo".

Pola súa banda, Lago explicou que a intención da asociación continúa sendo "lembrar ao gordo", como agarimosamente coñecían a Salvo, "e que se vexa baloncesto en Vigo; traer equipos de nivel non é sinxelo, pero mentres teñamos o apoio do Concello e do alcalde seguro que si o seguiremos facendo", sostivo.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído