16112019Sáb
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 6pm

O Celta Zorka parte cara Tenerife co obxectivo de volver á elite

As xogadoras apuran as últimas horas en Vigo antes de enfrontarse ao Barça CBS, Ciudad de los Adelantados e Ynsadiet Leganés

23 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Recepción oficial do alcalde ao Celta Zorka. / Foto: Concello de Vigo Recepción oficial do alcalde ao Celta Zorka. / Foto: Concello de Vigo

As xogadoras e o equipo técnico do Celta Zorka apuran as últimas horas antes de viaxar a Tenerife para disputar a fase de ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino español. Alí, o conxunto vigués buscará facerse cunha das dúas prazas que dan dereito a xogar a vindeira temporada na División de Honra.

O equipo, comandado polo seu presidente, Carlos Álvarez, e a súa adestradora, Cristina Cantero, acudiu este martes á Alcaldía de Vigo, onde Abel Caballero desexou a mellor das sortes para os partidos que disputarán do 25 ao 28 de abril no pavillón Juan Ríos Tejera, de San Cristóbal de La Laguna. Ademais, todo o cadro de xogadoras estivo presente nunha xornada de atención aos medios antes de partir cara Tenerife, a onde acude con boas sensacións.

O Celta Zorka foi campión da súa liga regular con 24 vitorias e unicamente perdeu dos partidos, polo que parte como un dos equipos favoritos. O seu primeiro rival será o Barça CBS este xoves ás 19:15 horas (hora peninsular). O venres medirase ao Ciudad de los Adelantados (21:15 horas) e o sábado afrontará o terceiro e último partido do grupo 1 contra o Ynsadiet Leganés (19:15 horas).

Se queda primeiro ou segundo medirase ao equipo rival do grupo 2 que corresponda en función da clasificación. Este grupo está composto polo Patatas Hijolusa, o Campus Promete, o Añares Rioja e o CB Almería.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

tecnología

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído