20082019Mar
Última edición: Mar, 20 Ago 2019 6pm

O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia celebra o seu 35º aniversario

Este domingo terá lugar no pavillón de Navia a presentación oficial e o luns haberá no hotel Coia unha gala na que estará representado o pasado e o presente da entidade

15 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero, con representantes do club. / Foto: SdN Abel Caballero, con representantes do club. / Foto: SdN

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres a unha representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, encabezada por Sergio González, director deportivo do club; e Ramón Román, directivo da entidade; para presentar os actos que organizará o club vigués con motivo da celebración do 35º Aniversario: a presentación oficial desta tempada e a Gala de Conmemoración do Aniversario.

Na presentación oficial estarán tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

.A celebración da presentación oficial 2018/2019 terá lugar este domingo a partir das 12:30 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto no que se poderá colaborar co Banco de Alimentos de Vigo cunha gran recollida de alimentos e no que se poderá amosar o apoio á Candidatura das Illas Cíes para que sexan Patrimonio da Humanidade.

A Gala de Conmemoración do 35º Aniversario se celebrará o próximo luns día 17 de decembro do 2018 a partir das 20:00 horas no Hotel Coia; xuntándose o presente e o pasado da entidade nun acto que pretende lembrar a historia do club e agradecer e recoñecer o traballo e esforzo de moitas persoas e moitas entidades ao longo dos anos.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído