14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

Un duelo de altura para lembrar un ano máis a Paco Araújo

O Celta Zorka recibe este sábado en Navia (19:30) ao Bembibre, da máxima categoría, na terceira edición do memorial que leva o nome do que foi presidente do club. A entrada é gratuíta

17 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Héctor Pérez, Ángela Molins, Ainhoa Lacorzana, Abel Caballero, Cristina Cantero y Carlos Álvarez, durante a presentación. / Foto: CeltaBaloncesto Héctor Pérez, Ángela Molins, Ainhoa Lacorzana, Abel Caballero, Cristina Cantero y Carlos Álvarez, durante a presentación. / Foto: CeltaBaloncesto

Este luns presentouse no Concello a terceira edición do Memorial Paco Araújo, que se xogará entre o Celta Zorka (Liga Feminina 2) e o Embutidos Pajariel de Bembibre (Liga Día, máxima categoría do baloncesto feminino español), con entrada de balde, este sábado 22 ás 19:30 horas no Multiusos de Navia. Abel Caballero, presente no acto, asegurou o apoio municipal "polo que significa de homenaxe a unha persoa tan importante como Paco e que deixou tantos amigos", explicou.

O rexedor, acompañado polo presidente do Bosco, Carlos Álvarez, a presidenta honorífica da entidade, Ángela Molins, a adestradora do primeiro equipo, Cristina Cantero, a xogadora Ainhoa Lacorzana e o patrocinador privado, Héctor Pérez (Zorka), considerou esta unha magnífica oportunidade para "ver baloncesto da máxima calidade, para pasar unha gran tarde de baloncesto feminino". O alcalde, ademais, afirmou, dirixíndose á adestradora e á xogadora, que "o equipo xoga tan ben que emociona".

Cristina Cantero, a responsable técnica do quinteto vigués, manifestou que "nos lembramos tódolos días de Paco, pero este partido é para que a cidade o viva connosco; será un día especial no seu honor". A cordobesa recordou que Araújo "sempre pelexou pola canteira e loitou con todas as súas forzas para que saíse adiante". De feito, haberá horas do partido antes un torneo de minibásquet alevín en Navia.

Pola súa banda, o presidente bosquista cre que o esforzo do club de enfrontarse a equipos de superior categoría (en 2016 o Perfumerías Avenida salmantino, o pasado ano o Uni Ferrol e agora o conxunto do Bierzo Alto) pretende "lembrar a imaxe de Paco, que a xente saiba o que significou para a cidade". De paso, a afección atoparase "cunha pedra de toque para a Liga", pois as visitantes están na élite dende 2012.

Héctor Pérez, de Zorka, concluíu mantendo que Araújo, falecido en febreiro de 2016, entrou neste patrocinio "porque Paco me convenceu", subliñou que o equipo "estao a facer moi ben" e desexou que "por fin este ano se dea o saltiño para estar aí arriba".

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído