• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 7 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    'RUNNING' PARA LENTOS E RÁPIDOS

    Manual para chegar á Vig-Bay en forma en cinco semanas

    Entre tres e catro sesións semanais de preto de hora e media para pasar de facer 10 quilómetros e chegar ó final da media maratón entre Vigo e Baiona
    Jorge Castro por Jorge Castro
    03 de Mar, 2016
    en Atletismo
    0
    Manual para chegar á Vig-Bay en forma en cinco semanas

    Non imos mentir a ninguén, o plan está feito para os corredores habituais de 10 quilómetros que están dubidando en dar o paso. Se aínda non chegas ós 10.000 e estás nos primeiras pisadas… o da Vig-Bay déixao para outro ano que este non é o teu. Amodiño, con pé firme e sen présas, que pronto veñen os tropezóns…

    A preparación é para os lentos e tamén para os máis rápidos. A cousa é sinxela. Dividimos o que nos queda en cinco semanas, as que restan antes da proba entre Vigo e Baiona. E xa avisamos que a cousa é clara. Catro semanas duras e unha de baixada da carga para chegar fresquiños á data sinalada. Imos co plan proposto por Noite Fernández, a nosa adestradora.

    O primeiro é deixar unha idea clara. Pasaremos ós 3 ou 4 adestramentos semanais. Antes de comezar, explicar que se facemos soamente 3 deberemos cargar o que faríamos en 4 e, polo tanto, incrementaremos un 15% máis ou menos o aquí explicado. A segunda regra é que os adestramentos pasarán de ser relativamente curtos (uns cincuenta minutos) a alcanzar a hora e media. É o que nos queda para alcanzar a meta de Baiona.

    Imos agora coa distribución semanal. Faremos catro sesións nas que alternaremos os seguintes tipos de adestramentos. É preciso ter en conta que os ritmos deberá estar en función da nosa marca de 10 quilómetros. A partir dese punto, calculamos.

    1. Progresivo. Quecemento duns vinte minutos, e optamos por incrementar o ritmo cada dez minutos en función do noso tempo de 10.000 metros. O último parcial, a partir de 1 horas, temos que facelo o ritmo que temos no 10.000 e tentar aguantar uns 20 minutos. O exemplo e o seguinte. Para un atleta que corre a 5:00 ó quilómetro. 20 minutos suaves: 20-30 a 6:00; 30-40 a 5:45; 40-50 a 5:30; 50-1 hora a 5:15 e a partir de aí a 5:00 ou se podes a 4:55, mellor.
    2. Series de 2.000 metros e 1.000 metros. Quecemos uns 20 minutos e despois facemos series de 2 quilómetros e 1 quilómetro. Sempre para un atleta de 5:00 o ritmo sería levar este nas longas e baixar a 4:45 nas do quilómetro.Facer cinco de cada unha, o que xuntará uns 15 quilómetros con tres minutos entre cada serie para recuperar folgos. 
    3. Tipo fartleck. A palabra ten teliña pero é doado. Ven sendo quecer os 20 minutos de rigor e despois combinar cinco minutos fortes e dous suaves de xeito repetido ata chegar a unha hora. Tamén combinar con dez fortes e tres suaves e facer por aí, uns dez minutos. Tentar facer os 5 minutos por debaixo do tempo habitual de carreira e os 10 no ritmo.  

    Xa temos a base de adestramento e agora a misturar. Son catro semanas para facer isto. Loxicamente, a primeira semana non chegaremos á hora e media porque non estamos acostumados, pero haberá que padecer un pouquiño. A cuestión e que na segunda semana xa estaremos preto de facelo e ademais, tocará o domingo 19 de marzo completar o Trail Montes da Ermida.

    A carreira polo monte servirá para dúas cousas fundamentais. Rachar a rutina na metade da carga de traballo duro e, tamén, facer unha sesión de forza porque haberá algunha que outra costa no percorrido. Ademais, é unha proba de gran beleza, polo que será todo un paseo e unha bo adestramento (19 quilómetros). Claramente, conta como unha das sesións de preparación. Non atoparemos as mellores sensacións porque estaremos cargados, pero é unha boa proba. Para que negalo, tamén corremos para gozar de carreiras de gran beleza. Esta é unha delas.

    Aínda quedarán dúas semanas máis de traballo duro antes da última de baixada de carga e asentamento. Na cuarta semana, do 28 de marzo ó 3 de abril, poderemos baixar algúns minutos nalgunha das sesións para tentar incrementar o ritmo. Sempre en busca de mellora, pero tamén con cabeciña. A cuestión é chegar preparados para aguantar os 21 quilómetros ó noso paso cruceiro. Grandes tempos, para outro ano.

    A derradeira semana será de traballo lixeiro. Sesións de adestramento de corenta minutos, dúas ou tres e meter, na última, cambios de ritmo de 100 ou 200 metros para gañar algo de axilidade nas pernas. Non facer nada o día antes e, a poder ser, tampouco nos dous anteriores. Así chegaremos con forzas e tamén con gañas de quilómetros ó momento xusto.

    Cambios de terreo
    A carga de traballo aquí exposta é dura e pode provocar certas lesións. Polo tanto, haberá que cambiar de superficie durante todo o adestramento. Buscar zonas de herba ou pista de terra para non pasar todo o día coa carga do asfalto porque, de facelo, igual non chegamos á Vig-Bay pero por algunha doenza. E ultimamente non o mencionamos, pero sempre co calzado adecuado. O pé hai que mimalo que por aí comeza e remata todo paso.

    atletismobanner

    43

    RelacionadosArtículos

    Homicidio en la antigua estación de buses de Vigo: «Yo nunca la había visto agresiva»
    Local

    Homicidio en la antigua estación de buses de Vigo: «Yo nunca la había visto agresiva»

    06 de Nov, 2025
    En las entrañas de la ETEA: estos son los edificios que desaparecerán para dar paso a la Ciencia
    Local

    La Xunta aprueba la fusión de parcelas en la ETEA para un gran centro asistencial en Vigo

    06 de Nov, 2025
    Muere un hombre tras ser apuñalado por una mujer en la antigua estación de buses de Vigo
    Sucesos

    Muere un hombre tras ser apuñalado por una mujer en la antigua estación de buses de Vigo

    06 de Nov, 2025
    Vigo en la estela de la inversión histórica de 705 millones de euros en los puertos gallegos
    Local

    Vigo en la estela de la inversión histórica de 705 millones de euros en los puertos gallegos

    06 de Nov, 2025
    Dos centros de Vigo compiten en la final de «Ciberseguridade no cole!»
    Local

    Dos centros de Vigo compiten en la final de «Ciberseguridade no cole!»

    06 de Nov, 2025
    Cifran en un 90% el seguimiento de la huelga en Radiología: «No pedimos más sueldo, pedimos trabajar más»
    Local

    El Sergas y los radiólogos de Vigo firman la paz para acabar con la huelga

    06 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Tiempos modernos
    Más Vigo

    Tiempos modernos

    Los tradicionales castañeros hacen su aparición con el otoño y siguen teniendo el mismo éxito de toda la vida, compitiendo...

    por Julio Alonso
    06 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR