17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

atletismo

O Run Run Vigo 2020 crece ata as doce carreiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou unha nova edición do programa municipal Run Run Vigo de carreiras populares, que continuará impulsando e patrocinando o Concello a través da Concellería de Deportes.

13 Enero 2020 por
Valora este artículo
(2 votos)
Na presentación do programa, Caballero estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, os vencedores da categoría principal (por idade) do circuíto, Daniel Bargiela e Karen Castro, e un representante de cada unha da ducia de carreiras. Na presentación do programa, Caballero estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, os vencedores da categoría principal (por idade) do circuíto, Daniel Bargiela e Karen Castro, e un representante de cada unha da ducia de carreiras.

Dende a Subida ao Castro este mes (domingo 26) a decembro, o circuíto cubrirá gran parte do ano -salvo xullo e agosto-, pois pasa de nove a doce carreiras, sumando un mínimo de 84,7 quilómetros e un máximo de 123,7 quilómetros para chegar a "tódalas zonas de Vigo, a tódolos barrios e parroquias", subliñando ademais que "algunhas das probas teñen un moi notable e importante carácter solidario", explicou. Súmanse ás carreiras de 2019, que continúan, a Calvario 5+5 (9 de febreiro), a 10K de Teis e a Érguete e Corre, estas dúas con data por determinar.

Para apoiar as probas atléticas o Concello destina 60.000 euros, previstos para "loxística e cronometraxe, ademais de para os premios en metálico dos atletas e a gala final", manifestou o rexedor. A acción municipal supón un importante aforro para as organizacións destes eventos.

Por outra banda Caballero tamén avanzou outra novidade principal: nas probas con dobre distancia puntuarán as dúas carreiras competitivas, caso da Calvario 5+5, a 10K do Berbés, a Érguete e Corre, a Carreira da Cereixa, a 10K do Berbés e a Nocturna Correndo por Vigo (de 5K e 10K), a Happy Go Running (de 6,6K e 10K) e a Vig-Bay (10,5K e media maratón). "Queremos fomentar ao máximo a participación e abrir o abano de posibilidades", sostivo o alcalde, "aínda que, como é natural, a puntuación da proba de máis distancia será maior", dixo. A única excepción, a Vigo contra o Cancro, pois o seu 5.000 "non é unha carreira competitiva ao ter un rango doutras características".

Na presentación do programa, Caballero estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, os vencedores da categoría principal (por idade) do circuíto, Daniel Bargiela e Karen Castro, e un representante de cada unha da ducia de carreiras.

Caballero tamén avanzou que a Gala do Atletismo Run Run Vigo terá lugar o vindeiro día 21 (20:00 horas) no auditorio municipal de Praza do Rei. O Concello premiará aos podios do Run Run Vigo 2019, pero tamén aos vencedores das Series Municipais de pista e aos nenos e nenas de Vigo que venceron en polo menos unha proba do circuíto municipal de cross escolar. "É o noso xeito de fomentar a afección e a canteira do atletismo", indicou, ademais de que haberá unha homenaxe a persoas destacadas do mundo do atletismo.

O xefe do goberno vigués asegurou que "o Run Run Vigo converteuse xa nunha parte do carácter da cidade: non só forma parte do calendario de probas deportivas, senón que vai un poquito máis aló, pois vertebra Vigo", resumiu. E é que nestas carreiras "o conxunto da cidade, o barrio ou a parroquia na que se realiza se senten integrados, séntense parte da carreira".

Ademais, Abel Caballero recoñeceu sobre os participantes que "cando os vexo aquí parecen normais, pero non o son, son titanes, atletas con capacidade de desenvolver unha fortaleza excepcional".

En representación dos atletas, Bargiela apuntou que con este programa "pasámolo ben, facemos cidade e cada ano o circuíto gaña máis calidade", ademais de recoñecer que "é un éxito total". Tamén pediu aos organizadores un novo salto e que, ademais da 10K do Berbés, homologada pola RFEA, poida haber algunha outra máis que dea ese salto "para unir máis o popular e o federado".

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído