23052019Jue
Última edición: Mié, 22 May 2019 9pm

Pedro Vázquez proclámase subcampión de España Sub16 de 3.000 metros

O fondista do Celta Atletismo repetiu metal no Campionato de España Indoor en Sabadell

18 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Pedro Vázquez (i.), no podio. / Foto: Celta Atletismo Pedro Vázquez (i.), no podio. / Foto: Celta Atletismo

Continúa a progresión de Pedro Vázquez Bueno no seu segundo ano de cadete. O fondista do Celta Atletismo proclamouse subcampión de España Sub16 en Sabadell, durante a celebración do nacional de pista cuberta.

Vázquez Bueno chegaba coa mellor marca dos inscritos no 3.000 metros, pero nunha apertada chegada tivo que conformarse coa prata (09:10.41) a tan só un segundo do primeiro clasificado. O pupilo de Manuel Ageitos suma esta medalla á conseguida hai dúas semanas no Campionato de España de Cross, onde rematou en segunda posición representando á selección galega.

Tamén participaron na pista de Sabadell os velocistas Martín Barcia e Lucas Rodríguez. Barcia logrou progresar comodamente nas eliminatorias e logrou mellorar a súa marca persoal ata os 7'46 nas semifinais, finalizando 10º sen poder pasar á final. Rodríguez pola súa parte debutou nun Campionato de España caendo nas eliminatorias manténdose na súa marca persoal con 7'62.

Ademais, a marchadora Mar Chillón volvía a un Campionato de España, desta vez coa camiseta do Femenino Celta. No Nacional de 20 quilómetros en Ruta celebrado en Oropesa del Mar (Castellón). A canguesa finalizaba 17ª na proba absoluta, logrando ademais mellorar a súa marca persoal na distancia ata os 1:46:59. A vitoria sería para a vixente campioa de Europa na distancia María Pérez.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

obras

sucesos

fútbol

conflicto laboral

  • Últimas noticias

  • Más leído