24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 9pm

Grandes resultados de Becerril e Finot nos Campionatos Indoor de España e Francia

Olaia Becerril voou ata os 6'10 e Alice Finot logrou bronce no Campionato francés de élite.

17 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Alice Finot en el podio./ Foto: Celta de Atletismo Alice Finot en el podio./ Foto: Celta de Atletismo

Olaia Becerril voou ata os 6'10, dándolle un gran cuarto posto con Récord Galego Sub20 e sub23. Alice Finot pechou un inverno de sobresaínte cun bronce no Campionato francés de élite.

Finot e Becerril consolídanse como as atletas máis destacadas de todo o Celta Atletismo e das pistas de Vigo. Eva Queimaño foi finalista tamén en Antequera cunha marca persoal no pentatlón.

O Celta Atletismo escribe os seus éxitos en feminino. As célticas lograron ser as únicas protagonistas nas dúas citas máis importantes da pista cuberta da tempada: os campionatos nacionais absolutos de España e Francia.

Olaia Becerril entrou pola porta grande no atletismo nacional absoluto en Antequera. Debutante neste tipo de Campionatos, a saltadora de 17 anos lograba voar ata os 6'10 no seu segundo intento; colocándoa directamente na mellora e na pelexa polas medallas. Finalmente remataría con outro salto de 6'09m; nunha grandísima cuarta posición posición no concurso que gañaría a valdeorresa Leticia Gil (6'25, RGAbsoluto). Esta marca supón un novo récord galego sub20 e sub23 -só válido para pista cuberta; aínda que tamén é en Aire Libre- e un novo récord do clube que ela mesma posuía dende 2017. O seu adestrador Alberto Salgado mostrábase pletórico asegurando que "esperábamos esta marca y ya la habría saltado el verano pasado, de no haber tenido tan mala suerte". A única espiña que lle queda ao técnico é que "la semana pasada sacaron la convocatoria para un encuentro Sub-20 en Minsk y llevan a una chica que saltó 5'70 ayer". No obstante, cree que "en su nacional de Madrid va a mejorar" y ya tienen en el punto de mira la mínima para el Campeonato de Europa Júnior de Suecia (18-21 de xullo) que está a tan só 5 centímetros.

Completou a participación céltica dun xeito extraordinario a combineira viguesa Eva Queimaño. A discípula do olímpico David Gómez repetiu o posto de finalista de Getafe 2018 na súa segunda participación nun Campionato de España Absoluto. Desta vez foi 8º nunha proba marcada polo récord de España de María Vicente; logrando ademáis a súa marca persoal no pentatlon con 3.389 puntos.

Alice Finot pecha o inverno con outro metal en Francia

A gran revolución desta tempada invernal foi de novo profeta na súa terra. Alice Finot viaxou ata Marsella para participar nos Campionatos de Francia Élite; buscando en primeiro lugar repetir o éxito do verán pasado -terceira- e un derradeiro asalto á esixente mínima da federación gala para o Campionato de Europa de Glasglow (1-3 de marzo). Nunha emocionante carreira dos 1.500 -no que o triunfo foi para a local Ophelie Claude-Borxberger, gañadora o día anterior dos 3.000- a céltica chegou en terceira posición con 4:18.45; sumando unha carreira máis nas súas marcas. Nesta tempada indoor, a discípula de Manu Ageitos logrou baixar ata en 4 ocasións de xeito claro dos 4:21 que acreditaba o ano pasado como mellor marca de sempre; o que invita a pensar nunha progresión espectacular para a tempada estival. Pese a non conseguir finalmente a mínima francesa para Glasgow, atleta e adestrador móstranse tremendamente satisfeitos por estes resultados.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído