22112018Jue
Última edición: Jue, 22 Nov 2018 10am

24 horas ininterrompidas de atletismo en Castrelos coa solidariedade por bandeira

O parque vigués acolle desde o mediodía do sábado ao mediodía do domingo a quinta edición da proba 24 Horas de Vigo

21 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe da pasada edición. / Foto: 24vgo.com Imaxe da pasada edición. / Foto: 24vgo.com

Corenta e dous equipos que xuntos suman medio milleiro de atletas e 31 corredores para a clasificación individual competirán esta fin de semana no circuíto atlético de Castrelos na quinta edición da carreira 24 Horas de Vigo.

"É unha proba de atletismo de importancia excepcional", subliñou Abel Caballero, que estivo este martes acompañado na rolda de prensa de presentación do evento polo presidente do club organizador, José Rial, do Castrelos 20:30; pola atleta olímpica Estela Estévez, que participará na 24VGO; polo edil de Deportes, Manel Fernández; e outros directivos da organización.

Ao mediodía do sábado comezará a competición, cuns 530 participantes, e rematará ao mediodía do domingo.

"Quero felicitar á organización porque son a alma do running en Vigo, estou moi orgulloso deles e teñen un mérito excepcional", manifestou o xefe do goberno municipal, que explicou que os corredores e as corredoras "fan o que parece prácticamente imposible: estar vintecatro horas correndo en deportividade, con entrega e esforzo totais".

Caballero, que definiu a carreira como "o atletismo en estado puro", invitou á cidadanía a que vaia a ver a proba ao parque de Castrelos e valorou tamén que moitos atletas corran tentando recadar fondos para enfermidades como a ELA, o autismo, o cancro, a distrofia muscular de Duchenne ou o síndrome de Schaff Yang.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

movilidad

gastronomía

  • La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral
    La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral El Concurso de Tapas de Vigo ‘Petisquiño’ ha entregado este miércoles los premios a los ganadores de la quinta edición del certamen, organizado por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos). En él, el establecimiento Trepia Gastronomía,…
    Leer más...

transporte

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído