14122017Jue
Última edición: Jue, 14 Dic 2017 7pm

 

Dous atletas do Celta, chamados pola selección española xuvenil

Olaia Becerril e Nicolás García estrearán internacionalidade esta fin de semana na Copa Ibérica

30 Junio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Olaia Becerril foi convocada despois de proclamarse campioa nacional en salto de lonxitude. / Foto: L. Tojal Olaia Becerril foi convocada despois de proclamarse campioa nacional en salto de lonxitude. / Foto: L. Tojal

Esta fin de semana, dous dos atletas con maior futuro do Celta, estrearán internacionalidade coa selección española na Copa Ibérica xuvenil, que terá lugar en Ávila. Por parte do C.A. Femenino Celta Olaia Becerril foi seleccionada no salto de lonxitude despois de proclamarse campioa nacional da categoría e por parte do R.C. Celta Atletismo Nicolás García foi chamado para competir en lanzamento de disco.

Como é característico, neste mes de xullo acumúlanse os Campionatos Nacionais. Murcia e Torrent acollerán cadanseus Campionatos de España. No primeiro deles, tres dos cadetes da Escola Celta Atletismo buscarán unha boa clasificación e mellorar os seus rexistros do ano. Ademáis, procurarán sumar unha experiencia máis na súa curta carreira coma célticos. David García (lanzamento de martelo), Eric Méndez (lanzamento de martelo) e Antía Sestelo (lanzamento de jabalina e martelo) serán os representantes do Celta.

Seguindo no Levante, neste caso na cidade valenciana de Torrent, celebrarase o Campionato de España Promesa. Catro célticos acadaron as marcas mínimas requeridas: Pedro Juncal (400m), Miguel Cajaraville (salto con pértega), Adolfo Sáinz-Maza (Decathlón) e Celia Pérez (1500m). As mellores opcións recaen na figura de Adolfo, que intentará estar de novo nun podio nacional na combinada.celta atletismo

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído