24062017Sáb
Última edición: Vie, 23 Jun 2017 7pm

Carreiras populares

Nigrán celebra o venres a San Silvestre "bautizando" a rúa Argonautas

A tradicional proba será popular e gratuíta, con saída e chegada dende a Piscina Mancomunada da Ramallosa

27 Diciembre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)

A proba deportiva, non competitiva, sairá ás 19:00 horas do venres 30 de decembro dende a Piscina Mancomunada da Ramallosa e recorrerá o paseo Torrente Ballester, rodeará Monte Lourido polo sendeiro azul ata a recentemente remodelada “Fonte Seca” de Lourido nun recorrido de aproximadamente 6 kilómetros.

Antes de iniciar a San Silvestre o Alcalde de Nigrán e os membros do clube de Atletismo “Os Argonautas do Miñor” descubrirán a placa que dará nome a esta rua como “Rúa dos Argonautas” despois da proposta levada ao pleno de xuño de 2016 donde Nigrán aprobou nomear esta rúa, a proposta do propio clube de atletismo e respaldada con 355 firmas.

Os Argonautas do Miñor son un club de aficionados ao atletismo da comarca miñorana que ten seu punto de encontro e entrenamento na piscina da Ramallosa. A rúa ata o pasado mes de xuño carecía de nome. Os membros do clube declararon que identifícanse cos aguerridos protagonistas dunha das lenda gregas máis antigas, previa á guerra de Troya, a dos tripulantes de Argos, a nave capitaneada por Jasón, ao que axudaron a lograr o vellocino de ouro para recuperar o trono de Yolcos, en Tesalia, usurpado por su tío Pelías.

“A aposta de este goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que o mellor xeito de despedir o ano é facendo deporte, facendoo en comunidade e sobre todo divertíndose para que pouco a pouco sexamos quen de incorporalo ós hábitos dos máis pequenos. O ano 2017 será un ano moi importante para o deporte nigranés xa que disporemos dun pavillón de deportes totalmente renovado, despois de 40 anos no olvido, e dun gran espazo deportivo en Porto do Molle”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

vigo en festas

patrimonio humanidad

fútbol

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído