20082019Mar
Última edición: Mar, 20 Ago 2019 6pm
23 Jul 2019

Concello e Atlética Val Miñor organizan a IX Nigrán Arena

O prazo de inscrición para esta tradicional carreira por Panxón e Praia América que reúne a centos de persoas está aberto ata o 30 de xullo

Publicado en Atletismo

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, organizan o sábado 3 de agosto a novena edición da 'Nigrán Area', carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

21 Jul 2019

Homenaxe en Vigo a José Luis Torrado Casal ‘O Bruxo’

O secretario xeral para o Deporte entrégalle unha placa recordo e asegura que a súa vida “subscribe punto por punto a definición de olimpismo

Publicado en Atletismo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou este sábado na reunión de atletas veteranos de Galicia na que se lle rendeu homenaxe a José Luis Torrado Casal ‘O Bruxo’.

18 Mar 2019

Pedro Vázquez proclámase subcampión de España Sub16 de 3.000 metros

O fondista do Celta Atletismo repetiu metal no Campionato de España Indoor en Sabadell

Publicado en Atletismo

Continúa a progresión de Pedro Vázquez Bueno no seu segundo ano de cadete. O fondista do Celta Atletismo proclamouse subcampión de España Sub16 en Sabadell, durante a celebración do nacional de pista cuberta.

08 Mar 2019

As célticas Ruth Carrera e Elena Costas, coa selección galega no Campionato de España de Campo a Través

Fernando Rial completa a convocatoria para a cita por autonomías, que se disputa esta fin de semana en Cáceres este fin de semana na cita por autonomías

Publicado en Atletismo

Tripla representación céltica no Campionato de España de Campo a Través, a celebrar o domingo 10 de marzo en Cáceres. As júnior Ruth Carrera e Elena Costas completan a convocatoria da selección sub-20 grazas ós seus quito e sexto posto no Campionato Galego do mes pasado.

17 Feb 2019

Grandes resultados de Becerril e Finot nos Campionatos Indoor de España e Francia

Olaia Becerril voou ata os 6'10 e Alice Finot logrou bronce no Campionato francés de élite.

Publicado en Atletismo

Olaia Becerril voou ata os 6'10, dándolle un gran cuarto posto con Récord Galego Sub20 e sub23. Alice Finot pechou un inverno de sobresaínte cun bronce no Campionato francés de élite.

Finot e Becerril consolídanse como as atletas máis destacadas de todo o Celta Atletismo e das pistas de Vigo. Eva Queimaño foi finalista tamén en Antequera cunha marca persoal no pentatlón.

17 Feb 2019

Absoluto dominio dos lanzadores celestes no Galego de Lanzamentos de Categorías menores

Os vigueses Yago Araújo e Irene Gómez Costas non acusaron o peche das instalacións de Balaídos e atópanse nestes intres no seu mellor momento da tempada.

Publicado en Atletismo

Nicolás García Area logrou a mínima para o Campionato de Europa Sub-20 de Boras (Suecia) en disco con 57'52. Irene Gómez y Yago Araújo, en plena forma para o Nacional de Castellón.

navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído