26052017Vie
Última edición: Vie, 26 May 2017 8pm

exposición

A Casa das Artes acolle unha mostra de Ánxel Huete, Manel Lledós e Miguel Saco

A mostra recopila obras recentes e do periodo que pasaron xuntos os artistas en Nova York, a comezos dos oitenta

18 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Presentación na Casa das Artes. / Foto: vigo.org Presentación na Casa das Artes. / Foto: vigo.org

O alcalde participou este xoves na inauguración desta exposición, aberta ao público ata o 23 de xullo na Casa das Artes. A mostra recopila obras recentes e do periodo que pasaron xuntos os artistas en Nova York, a comezos dos oitenta.

A Casa das Artes acolle "Tempos dun Encontro: Ánxel Huete, Manel Lledós, Miguel Saco", a nova proposta municipal que estará aberta ata o próximo 23 de xullo e que foi inaugurada hoxe xoves coa presenza dos artistas, da comisaria da exposición, do concelleiro de Cultura e do alcalde de Vigo.

O alcalde alabou a exposición, o traballo da comisaria e trasladou o seu "recoñecemento" aos tres artistas, reencontrados agora en Vigo. Abel Caballero subliñou que se trata da primeira vez que un artista, neste caso Ánxel Huete, expón ao mesmo tempo na Casa das Artes e no MARCO, ambos espazos culturais de referencia na cidade.

A mostra presenta a acción artística desde a experiencia dun lugar e dun momento concreto: o Nova York de comezos dos anos 80. Huete, Lledós e Saco compartiron vida e estudo en Manhattan, nun mismo apartamento no Lower East Side, un dos barrios máis antigos da cidade, relacionado habitualmente coa inseguridade cidadá e as clases baixa e traballadora.

De iniciativa municipal, a exposición recolle o relato personal dos artistas, que contrasta coa visión de Nova York idealizada e condicionada polo cine, a música e a literatura. Así, "Tempos dun Encontro" propón unha reflexión sobre cuestións como a emigración, os medios na creación e as expectativas culturais.

A mostra ofrece un diálogo a tres voces baseado tanto en traballos recentes, algúns destes realizados ex profeso para a ocasión, xunto a outras creacións pertencentes ao periodo 1981-1982, os anos compartidos en Estados Unidos.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos