• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 27 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A pintora viguesa Menchu Lamas ingresa na Academia de Belas Artes

    O acto celebrouse no museo Marco de Vigo onde a nova académica da Sección de Pintura e Gravado pronunciou o seu discurso “Cando a cor respira”
    Redacción por Redacción
    01 de Dic, 2018
    en Pintura
    0
    A pintora viguesa Menchu Lamas ingresa na Academia de Belas Artes

    O acto, que se celebrou esta mañá no Museo de Arte Contemporánea de Vigo “Marco”, estivo presidido polo titular da RAGBA, Manuel Quintana Martelo.

    O presidente da RAGBA deu unha cordial benvida á pintora, que se suma ao ingreso doutras mulleres académicas, como recentemente ocorreu con Soledad Penalta, con fin de achegar un pouco máis á institución a un equilibrio na igualdade. Lembrando os tempos do colectivo Atlántica, Quintana Martelo relatou ao auditorio o momento exacto no que coñeceu a Menchu Lamas, na derradeira exposición da agrupación artística en 1983, titulada “Atlántica 83”, que xunto a outras mostras marcaron un antes e un despois na arte galega.

    Neste contexto da década dos 80, o presidente cualificou esa época como anos de “ilusión, despegue e asentamento dun bo número de artistas aos circuítos das artes”, entre eles a nova académica. “Menchu Lamas gañou o seu propio espazo, creou unha iconografía distinta e persoal a partir dun modo de compoñer que sempre vin moi galego e firme, moi asentado na nosa historia plástica e na reivindicación de formulacións da pintura máis libre do momento” –explicou Quintana Martelo–. Ademais, o presidente describiu a Lamas como unha artista “segura” no desenvolvemento da súa obra e “incansable” traballadora que chega ata hoxe amosando a mesma liberdade expresiva e valentía ante a cor, “o que a converte nunha artista xenuína e consolidada dentro do mundo das artes plásticas”.

    Nunha xornada tan emotiva e entrañable, Menchu Lamas quixo facer en primeiro lugar no seu discurso, titulado “Cando a cor respira”, unha lembranza especial para os seus país e outros seres queridos cos que lle gustaría ter compartido este momento e agradecerlles o apoio mostrado sempre ao seu traballo. Facendo memoria e volvendo a mirada ao pasado, Menchu Lamas lembrou a súa nenez en Venezuela, un país no que a chamaban Catira e no que descubriu, a través dos seus ollos de pequena, as explosións de cor no entroido de Caracas onde vertían caldeiros de pinturas polas rúas, ademais de outros instantes máis dramáticos das convulsións sociais.

    Xa de regreso a Galicia, nunha longa viaxe en transatlántico, Menchu Lamas relata ao público do auditorio do Marco os contrastes culturais que experimentou de rapaza coa volta á aldea da súa avoa.

    Cun punto nostálxico, a pintora quixo render unha homenaxe aos amigos e familiares que xa non están, pero que aínda “gardamos na memoria viva do afecto”. Casada co tamén pintor Antón Patiño, Menchu Lamas agradeceu o fondo agarimo dos seus sogros (Munda Pérez Sobreira e Antón Patiño Regueira) onde tivo o seu primeiro taller, enriba da libraría “Librouro”. Nestes anos 80, e xa no obradoiro de Patiño na rúa Príncipe de Vigo, a pintora relata como deu forma as súas obras máis coñecidas, que foron expostas na Bienal de São Paulo, na mostra de Artist’s Space en Nova Iork, no Instituto de Arte Contemporánea de Boston ou nas mostras de Europalia en Bruxelas, Gante e Namur.

    “Atlántica”, movemento de artistas galegos

    Centrándose en Vigo, Menchu Lamas elixiu o Marco como lugar de celebración do seu ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes por ser un lugar emblemático en relación á arte. Na cidade da súa adolescencia, a pintora fai memoria desa época de ilusións, entusiasmo e desexo por facer cousas novas, unha inquietude que culminou coa formación do grupo poético Rompente, en compañía de Alberto Avendaño, Antón Reixa, Manolo Romón e Antón Patiño. Ademais, a artista participou en actividades do “Colectivo de imaxe” ou na revista “Loia” nun momento no que estaba a cabalo entre Vigo e Madrid, “dous polos dun campo magnético ateigado de vitalidade, nun bule bule arreo, con música e lecer, traballo no obradoiro e infinitas conversas en tertulias”.

    En plena década dos oitenta, Menchu Lamas crea xunto a Antón Patiño o movemento “Atlántica”, un grupo formado por artistas galegos destinado a situar a arte galega no panorama internacional e para dinamizar as artes visuais en Galicia, cunha reivindicación de espazos de visibilidade para a arte. “O remate dos 80 en Galicia foron aire de liberdade que activou a cultura como elemento de transformación –sinalou–.

    Centrándose no seu descubrimento persoal pola arte, Menchu Lamas destacou que sempre lle gustou expresarse no ámbito da imaxe visual, nun principio con debilidade pola fotografía para finalmente descubrir a intensidade expresiva da pintura, a súa espontaneidade e o feito de tocar a materia coas mans. “A pintura é un xogo e unha prolongación do corpo, con xestos e con símbolos. Entendo a miña pintura coma unha evolución das formas, onde a composición quere rebentar o espazo delimitado polo formato cadro” –asegurou–.

    A cor, un elemento “simbólico e real” para a artista

    Xa analizando polo miúdo a súa técnica, Menchu Lamas compartiu co público o significado que a cor ten dentro das súas obras. A pintora considera que a cor é algo “simbólico e real”, explica que as cores teñen sentimentos e son as que crean a composición. “Cando a cor respira, o cadro vibra e toma corpo” –matizou–.

    En concreto, a artista engadiu que nunha abstracción simbólica ten tanta importancia a cor, como a forma, a xeometría ou o xesto. E dentro do seu idioma simbólico, destacan tamén as formas xeométricas, as mans –unha parte do corpo que comunica as emocións a través do tacto, a sensibilidade ou unha caricia–, os peixes ou a lúa, unha iconografía persoal que vai medrando por estratos dos distintos momentos.

    Outro elemento imprescindible no seu proceso creativo é a composición. Cando Menchu Lamas está cun formato, cando elixe unha tea, un cadro ou rectángulo, está pensando a nivel espacial e dándolle xeito a súa composición.

    O ecosistema da arte

    Outro punto incuestionable para Menchu Lamas é o apoio dos galeristas, coleccionistas e as institucións. A artista explicou que o ecosistema da arte nútrese das distintas aportacións que sedimentan e conflúen nun espírito da época. Neste punto, fixo un percorrido polas súas diversas exposicións individuais e colectivas por diferentes países europeos e en Estados Unidos.

    Pero fixo unha parada especial na mostra “Mulleres do silencio” no Marco de Vigo, comisariada por Rosario Sarmiento. Segundo indicou a pintora, esta exposición tivo unha gran repercusión, necesaria para conseguir transmitir a mirada das mulleres e a sensibilidade que constrúe o binomio arte e muller. “Agora seguimos a loitar pola superación do chamado teito de cristal cunha gran presenza da muller no eido da arte, e en todo o mundo hai recoñecemento ás aportacións creativas femininas” –apuntou–.

    E de volta ao Marco, Menchu Lamas non quixo perder a ocasión para comentar a situación de incerteza e indefinición na que se atopou o museo nos últimos tempos, pero onde contou coa defensa “moi firme” por parte do sector artístico e cultural. “A arte contemporánea é a arte da nosa época e ten que pertencer a todos. A arte e a cultura teñen que ser patrimonio de todos e por iso é importante que a arte contemporánea teña en Vigo esa xanela aberta que representa o Marco, situado no corazón da cidade. A arte e máis a cultura son un activo colectivo como o ensino ou a sanidade. Cada vez que desaparece un espazo artístico ou cultural medra a ameaza á liberdade, polo que cómpre estar vixilante ante estas situacións” –asegurou–.

    A pintora coa cor nas súas mans

    Como contestación ás palabras de Menchu Lamas, interveu o membro numerario da Sección de Pintura e Gravado da Real Academia Galega de Belas Artes Eduardo Manuel Matamoro Irago. Coñecido como Din Matamoro, o pintor manifestou publicamente a súa admiración por unha pintora coa cor nas súas mans, que avanzou fiel a si mesma grazas a un traballo continuado e constante de “pintar e volver a pintar”.

    Con seguridade de trazo e austeridade na representación, Din Matamoro fai unha parada especial no tratamento da cor e a materia na pintura de Menchu Lamas, recoñecida polo uso de cores rotundas, primarias e intensas. “Merece entrar na Academia polo seu rotundo imaxinario, por estar atenta e traspasar o mar das distancias, conectada intelectualmente co que pasa no mundo, o que nos tocou vivir. Dialogou e dialoga con pintoras e pintores, artistas doutras disciplinas, e sitúase na arte internacional do seu tempo” –destacou–.

    43

    RelacionadosArtículos

    Restablecida la circulación de trenes en Vigo Guixar-Redondela-Tui pero sigue suspendida la conexión con Ourense
    Trenes

    Restablecida la circulación de trenes en Vigo Guixar-Redondela-Tui pero sigue suspendida la conexión con Ourense

    27 de Ene, 2026
    Caballero cifra en 90 las incidencias sufridas en Vigo con Joseph: «Seguimos en atención permanente»
    Local

    Caballero cifra en 90 las incidencias sufridas en Vigo con Joseph: «Seguimos en atención permanente»

    27 de Ene, 2026
    El Olimpia Valencia de Vigo ya tiene fecha de apertura
    Local

    El Olimpia Valencia de Vigo ya tiene fecha de apertura

    27 de Ene, 2026
    Detenido un vigués que se hacía pasar por empleado de una compañía eléctrica para cobrar facturas pendientes
    Nigrán

    Heroico acto de un Guardia Civil fuera de servicio: salva la vida de un hombre tras asfixiarse con un trozo de patata

    27 de Ene, 2026
    Vigo Vertical avanza en As Travesas: en marcha la colocación de las primeras rampas mecánicas
    Local

    Vigo Vertical avanza en As Travesas: en marcha la colocación de las primeras rampas mecánicas

    27 de Ene, 2026
    Agónico rescate de un conductor atrapado por la crecida del río en Portas
    Comarcas

    Agónico rescate de un conductor atrapado por la crecida del río en Portas

    27 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Mesón Ángel
    Más Vigo

    Mesón Ángel

    A pesar de que este establecimiento ubicado en el número 22 de la Rúa Álvaro Cunqueiro, de Vigo, pasa casi...

    por Julio Alonso
    27 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo
    Libros

    Antolín Alcántara rinde tributo a la memoria colectiva en Évame Oroza

    La literatura gallega vuelve a citarse con la historia reciente en el corazón de Vigo. Este 28 de enero, a...

    por Redacción
    27 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR