• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 15 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Auditorio Mar de Vigo programa máis de 30 espectáculos de aquí a final de ano

    ‘El Gran Hotel de las Reinas’, 'Recuérdame, el Musical de Coco', ‘Madame Butterfly’, os concertos de Los Zigarros ou Mikel Erentxun e o ballet de ‘El lago de los cisnes’ entre as propostas máis relevantes
    Redacción por Redacción
    18 de Oct, 2021
    en Cultura
    0
    O Auditorio Mar de Vigo programa máis de 30 espectáculos de aquí a final de ano

    Mikel Erentxun volverá ao auditorio Mar de Vigo, esta vez ao escenario interior, tras actuar na terraza durante o verán de 2019. / Foto: Arquivo

    O espectáculo ‘El Gran Hotel de las Reinas’, ‘Recuérdame, el Musical de Coco’, a ópera ‘Madama Butterfly’, o concertos de Los Zigarros e Mikel Erentxun, o ballet de ‘El Cascanueces’ ou ‘El lago de los cisnes’ son algúns dos atractivos da programación de outono e inverno do Auditorio Mar de Vigo, que se deu a coñecer este luns no propio edificio de Beiramar. A oferta inclúe tamén a esperada programación de Nadal da cidade de Vigo.

    Haberá variedade musical con soul, electrónica, indie e rock… O Bluefest dará inicio esta fin de semana achegando un novo evento que ofrece a oportunidade de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra, o blues, soul, funk, rock…, que forman parte dun universo musical cargado de paixón e profundidade. Unha aposta para gozar da música na baía de Vigo, cun cartel formado por varios artistas no seu mellor momento: Myles Sanko, Zenet, Los Mambo Jambo e Koko-Jean & The Tonics.

    Tras dous aprazamentos, o Sunset Beats de Vigo, chamado a ser o primeiro festival de música electrónica da cidade, celebrarase o vindeiro 30 de outubro coa actuación dun dos dúos máis representativos da electrónica, Digitalism. Na súa discografía contan con tres redondos traballos, ademais de numerosas remesturas para nomes como Daft Punk, Tiga, Klaxons, The White  Stripes, Depeche  Mode, Cut Copy, The Presets, Tom Vek e The Futureheads, entre outros.

    A mediados de mes celebrarase unha nova edición do ciclode conciertos Momentos Alhambra Acustiquísimos. Será na súa Edición Atlántica 2021, os días 12 e 13 de novembro, cun gran cartel: Travis Birds e  Mr. Kilombo. Serán dúas sesións irrepetibles, en formato íntimo e para público reducido, que servirán como carta de presentación das últimas novidades discográficas dos artistas. Ademais, estarán acompañados pola ilustradora Eva Agra, que plasmará sobre o papel cada actuación.

    Xa en decembro, chegará unha das grandes propostas destinadas ao público rockeiro máis fiel. Los Zigarros son adrenalina, paixón e rock & roll. A banda valenciana traerá o 4 de decembro un potente directo acompañado de imaxe e actitude, confirmando que son materia obrigatoria de primeiro de r&r. E o 22 de xaneiro, Mikel Erentxun presentará ‘Amigos de Guardia’, unha homenaxe aos seus 35 anos de carreira no que quixo sacar un disco que reflicta todo o que sentiu. O artista revisita case catro décadas de cancións nun dobre disco que non é uns grandes éxitos, senón un disco de celebración no que atopar algunhas das súas mellores cancións, como ‘En algún lugar’, a que considera que marcou a súa carreira.

    Os musicais supoñen o retorno de eventos previa pandemia á línea de programación anterior á irrupción á pandemia. O 24 de outubro chega ‘Recuérdame, el Musical de Coco’, o primeiro musical tributo a unha das películas máis entrañables dos últimos anos ‘Coco’, a cal se inspirou na festividade mexicana do Día de Mortos e converteuse nunha das películas animadas máis taquillera da historia, ademais de conseguir dous Óscar: á mellor película animada e á mellor canción orixinal. directo. Un espectáculo para todos os públicos.

    En novembro, ‘El Gran Hotel de las Reinas’, converterá o Auditorio Mar de Vigo os días 5 e 6 nunha experiencia de máis de dúas horas na que atoparemos música,  lip sync, baile, humor, cabaret, looks espectaculares, interacción co público e moito talento. ​Con  Supremme De Luxe como directora do hotel e sempre acompañada polo seu servizo de botóns, coa participación estelar da inigualable recepcionista Paca A Piraña e coas actuacións dos seus hóspedes. ​Un espectáculo Drag cheo de luxo e fantasía que non deixará indiferente a ninguén.

    O Evento Internacional de Disciplinas de Baile, VigoPorté, regresa de maneira presencial do 25 ao 28 de novembro ao Auditorio Mar de Vigo. O pasado mes de maio se organizou o 1º Trofeo de Baile Internacional, no que participaron máis de 700 bailaríns de 40 escolas de baile con 200 coreografías. Tras este éxito, a organización decidiu realizar unha versión “híbrida” mesturando en liña e presencial para poder dar cabida a máis participantes e público.

    Nas vindeiras semanas se darán a coñecer máis eventos dentro da programación de Nadal por parte do Concello de Vigo e que este ano se inicia o 21 de novembro coa ópera ‘Madame Butterfly’, unha das pezas máis representadas e aclamadas polo público. O exotismo, a paixón, a espera e a honra están presentes ao longo de toda esta famosa ópera do famoso compositor italiano Giacomo Puccini. Este drama dividido en tres actos está ambientado na cidade de Nagasaki a principios do século  XX e narra a traxedia dunha nova  geisha xaponesa que vive unha historia de amor cun oficial americano.

    A este título seguiralle, o 19 de decembro,, o regreso de ‘El Cascanueces’. Con esta obra, Tchaiskovsky creou en 1892 una das máis belas obras da danza universal. Un conto de fadas para todos os públicos representado polo Royal Russian Ballet. O seu argumento está baseado na adaptación que Alejandro Dumas pai realizou do conto. Con máis de 40 bailaríns en escena, un coidado vestiario e unha excelente coreográfica, dita peza é un clásico do Nadal que basea o seu argumento no recordo da infancia e o mundo dos soños. Temas que recolle no seu relato mediante unha máxica aventura onde os xoguetes dunha nena comezan a cobrar vida.

    Alabama Góspel irrumpirán en dita programación navideña para facernos un percorrido intenso desde as cancións espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade. Unha agrupación formada por 20 artistas que plasman a historia do góspel nun concerto único o vindeiro 22 de decembro.

    Pica Pica celebrarán con todas as familias o seu 10º Aniversario, presentando espectáculo ‘10 años de Pica Pica’, con temas novos e tamén os seus grandes éxitos aclamados polos máis pequenos -e non tan pequenos- da familia. 10 anos de moito amor cunha xira ininterrompida por España e Latinoamérica cunha cita imperdible o 23 de decembro en Vigo.

    O Coro, Ballet y Orquesta del Ejército Ruso, son, a día de hoxe, máis de 100 cantantes, bailaríns e músicos que emocionan aos espectadores coa interpretación dunha gran variedade de cancións populares rusas. Un espectáculo de traxes coloridos, voces dramáticas, coreografías vívidas e enerxía desbordante forman parte deste inesquecible espectáculo que se poderá disfrutar o 26 de decembro, cuxas acrobacias e bailes reflicten a vida, as tradicións e a emoción de Rusia, un país que segue sendo un gran misterio para o resto do mundo.

    Royal Russian Ballet poñerá en escena o gran ballet por excelencia o 8 de xaneiro. ‘El lago de los cisnes’, unha cativadora historia de amor, o virtuoso dobre papel de  Odette/Odile, a forza da música de Tchaikovsky, e un dos máis grandes pas de deux do repertorio do ballet, converten esta obra nunha experiencia única. Con máis de 40 bailaríns en escena, esta suntuosa produción o Royal Russian Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico  atemporal que apela a calquera xeración

    O musical ‘Antoine’ foi un dos espectáculos revelación dos Premios Max, os máis prestixiosos da escena española, onde estivo nomeado como Mellor espectáculo revelación e Mellor composición musical para espectáculo escénico. Está pensado como unha historia para toda a familia, que narra a historia do creador do libro El Principito, e a unión entre o seu autor, Antoine de Saint- Exupéry, e o seu principal personaxe. Trátase dunha obra universal e do segundo libro máis traducido no mundo. Estará no Auditorio Mar de Vigo os días, 29 e 30 de decembro e o 1 2 de xaneiro.

    O Teatro Negro de Praga, é un espectáculo insólito que se presentará o 4 de xaneiro en Vigo. Un show que se basea en enganar ao ollo humano creando unha ilusión óptica, xogando con negro sobre negro, luces e cores. A pesar de que a orixe destas curiosas representacións remóntase na era imperial China, na República Checa revolucionouse e innovou a técnica convertendo ao Teatro Negro na función máis famosa da capital. E un último detalle, os espectáculos do Teatro Negro de Praga son mudos. Así é como a música de fondo cobra un gran protagonismo.

    O 6 de xaneiro haberá unha cita con 3 xenios do cinema: Hans Zimmer, Ennio Morricone e John Williams. Un intenso percorrido por aquelas bandas sonoras que máis nos emocionaron. Melodías universais que nos fixeron rir, chorar, soñar, sufrir e saltar da butaca, que xa forman parte da memoria colectiva e que hoxe cobran vida propia fose das salas de proxección. A heroicidade de ‘Star Wars’, a audacia de ‘Indiana Jones’ e a maxia de ‘Harry Potter’ inspiraron a John Williams a crear algunhas das partituras de películas máis queridas de todos os tempos.

    ‘Carmina Burana’, a obra máis famosa de Carl Orff, é un canto á vida, ao amor, ao baile…- pero sempre cun ollo posto nos designios do destino. Baseado en 24 poemas latinos medievais cuxo espírito  despreocupado contrasta  vivamente cos conceptos tradicionais da vida e a morte na Idade Media, esta cantata radical e potente para coro a gran escala, orquestra e solistas foi un gran éxito na súa estrea en 1937. A súa popularidade en todo o mundo desde entón converteuna nunha firme favorita a pechar a programación de Nadal o 23 de xaneiro. Irá acompañada da novena Sinfonía de Beethoven co seu inmortal Himno da Alegría.

    43

    Tags: Auditorio Mar de Vigo

    RelacionadosArtículos

    Festival Terraceo. Foto: Xavi Iglesias
    Local

    El PP exige explicaciones por la desaparición del Festival Terraceo

    09 de May, 2025
    El Premio Vigo Porté se queda en casa: Media Punta triunfa con su baile «Americano»
    Cultura

    El Premio Vigo Porté se queda en casa: Media Punta triunfa con su baile «Americano»

    28 de Abr, 2025
    La ganadora de dos Premios Goya traerá en junio su nuevo espectáculo a Vigo
    Música

    La ganadora de dos Premios Goya traerá en junio su nuevo espectáculo a Vigo

    26 de Abr, 2025
    Escuelas de baile de Vigo y Barcelona se alzan con los primeros premios del Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo
    Cultura

    Escuelas de baile de Vigo y Barcelona se alzan con los primeros premios del Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo

    26 de Abr, 2025
    Un mítico dúo argentino pondrá punto y final al verano en Vigo
    Música

    Un mítico dúo argentino pondrá punto y final al verano en Vigo

    17 de Abr, 2025
    El #NTK25 de Anastacia cuelga el cartel de «no hay billetes» en Vigo
    Música

    El #NTK25 de Anastacia cuelga el cartel de «no hay billetes» en Vigo

    14 de Mar, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Desalojan de su piso en Vigo a una madre y su hijo tras expirar el plazo para uso exclusivo de la vivienda

    Desalojan de su piso en Vigo a una madre y su hijo tras expirar el plazo para uso exclusivo de la vivienda

    por Europa Press
    09 de Jun, 2025
    0

    Aberto o prazo de inscrición para os campamentos Verán Xove 2021

    «Improvisación y chapuza» de Caballero ante el Verán Xove: «No es ni capaz de organizar los campamentos»

    por Redacción
    10 de Jun, 2025
    0

    La Xunta incorpora las tiendas de Ikea en Galicia al uso de la Tarxeta Benvida

    Ikea invertirá medio millón de euros en una nueva tienda en Vigo

    por Redacción
    09 de Jun, 2025
    0

    Vigo «pierde» un callejón y gana una nueva plaza en pleno centro… casi tres años después

    Vigo «pierde» un callejón y gana una nueva plaza en pleno centro… casi tres años después

    por Redacción
    11 de Jun, 2025
    0

    61

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Tapones circulatorios
    Más Vigo

    Tapones circulatorios

    Sería muy interesante que en la ciudad de Vigo desaparecieran varios tapones circulatorios como el que muestra esta fotografía. La...

    por Julio Alonso
    14 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela
    Más Vigo

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela

    El jueves 19 de junio de 1952 entraba en el puerto de Vigo un barquito con una patrona inglesa a...

    por Eduardo Rolland
    15 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo
    Más Vigo

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo

    En 1833 se produce en Vigo y comarca una epidemia de cólera morbo asiático. Procedía de Inglaterra donde era un...

    por Fernando Torres Carbajo
    18 de Abr, 2020

    LIBROS

    Pedro Feijoo regresa a casa para mostrarnos sus «bestias»
    Libros

    Pedro Feijoo regresa a casa para mostrarnos sus «bestias»

    Vigo se prepara para una cita literaria ineludible. El aclamado escritor gallego Pedro Feijoo estará firmando ejemplares de su última...

    por Redacción
    14 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    Los medios del E.O.S., ¿qué va a ser de ellos?
    Opinión

    Los medios del E.O.S., ¿qué va a ser de ellos?

    Estoy preocupado, diría que muy preocupado por unas cuantas empresas periodísticas que pueden entrar en una época complicada. Estas compañías...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR