O venres 20 actuarán Depedro, Nathy Peluso, Maryland, Mujeres, Calavento, Mireia Vilar, Odd Cherry Pie, Esteban & Manuel e Abraham Boba DJ set (León Benavente); e o sábado 21 os asistentes poderán gozar de Sidonie, The Limboos, Mueveloreina, Bigott, Las Odio, Alondra Bentley, Calavera, Inerttes, Indian Hawk, Sidonie DJ set, Esteban & Manuel DJ set e Picnic Pop DJ.
Ademais, o festival continuará apostando por fusionar a música con experiencias ao aire libre. Os asistentes terán á súa disposición dende xogos e talleres ata unha gran oferta gastronómica a cargo de camións de comida e un mercadiño.
A edición deste ano contará tamén cun Espazo Mahou deseñado especificamente para Vive Nigrán. Será un punto de encontro no que se poderá gozar de distintas sesións de DJ ao longo da fin de semana e ao que Mahou levará a Abraham Boba DJ Set (León Benavente) para a noite do venres e a Sidonie DJ Set para amenizar a sesión do sábado ao mediodía.
As actividades para crianzas veranse notablemente reforzadas e tamén se lles inculcará aos máis pequenos e pequenas da casa o hábito de reciclar a través de actividades lúdicas e dinámicas levadas a cabo por Ecovidrio.
Aínda que a organización dará a coñecer as súas actividades paralelas completas nas próximas semanas, Juan Rivas -codirector do evento- adiantou que nesta edición celebrará o Foro Profesional Estudios Mans que levará o nome ‘Claves, oportunidades e innovación na cultura e industria musical’ e no que participarán Gema Sánchez (coordinadora do programa Artistas en Ruta da AIE), Víctor Lenore (xornalista e crítico musical), Jaime García Cantero (El País Retina) e Rafa López (xornalista cultural).
Esta non é a unica colaboración que o festival emprende nesta edición: os vigueses Inerttes tocarán no festival tras gañar o concurso de SonidosMans; e os emerxentes Indian Hawk, Mireia Vilar e Odd Cherry Pie farano a través do programa da Deputación de Valencia ‘Sona la Dipu’.
Entradas
As persoas interesadas en adquirir as súas entradas para asistir a Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, na que se poden adquirir os abonos de dous días por 30 euros ou as entradas para asistir soamente un día a un prezo de 16 euros.
As localidades tamén estarán dispoñibles en puntos de venda físicos como Elepé e La Juakina en Vigo, Plaza Fitness Sport Center e Chac – Mool en Nigrán, Doppler e Torgal en Ourense, A Reixa tenda en Santiago de Compostela e Carnaby en Pontevedra.