• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 1 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Sinsal Museo do Mar suma seis novos nomes ao seu cartel

    Marco Maril, Nico Casal, Verde Prato, rebe, Nacho·Faia·Lar e Adrian Timms incorpóranse ao elenco de actuacións
    Redacción por Redacción
    11 de Nov, 2021
    en Música
    0
    O Sinsal Museo do Mar suma seis novos nomes ao seu cartel

    O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o co-director de Sinsalaudio, Luis Campos, visitaron onte o museo da man do arquelógo Vicente Caramés. / Foto: Sinsal

    Tres xornadas de concertos que reúnen tradición e vangarda entre os días 13 e 21 de novembro. Así será o novo Sinsal Museo do Mar, o ciclo de Sinsalaudio que se celebrará a partir deste sábado na cidade de Vigo. Xunto ao concerto inaugural de Luísa Sobral, que terá lugar o vindeiro sábado 13 no Teatro García Barbón, artistas como Nico Casal, Marco Maril, Verde Prato, rebe, Nacho.Faia.Lar e Adrian Timms sumaranse a semana que vén ao evento, que amplía a súa programación con dúas xornadas de celebración no Museo do Mar.

    Sinsal Museo do Mar comezará este sábado 13 cun concerto inaugural de Luísa Sobral, unha das voces novas máis salientables da escena musical portuguesa. As creacións da cantante e compositora transitan entre os universos sonoros do jazz, do folk ou do indie, dos que dará boa conta no directo que ofrecerá no Teatro García Barbón, e para o que aínnda quedan entradas dispoñibles. Sobral presentará en Vigo un repertorio no que destaca Rosa (2018), traballo íntimo e cru producido por Raül Refree, ou Luísa (2016), disco aclamado pola crítica portuguesa.

    O ciclo completará a súa programación cos novos directos que se celebrarán no Museo do Mar na tarde do sábado 20 (17.15 a 22.00 horas) e na mañá do domingo 21 (13.00 a 14.00 horas) e para os que xa está activa a venda de entradas en enterticket.es. Unha ampla variedade estilística fiada pola  contemporaneidade, a proximidade e as voces femininas definen esta programación, que recolle propostas diversas e pouco habituais no circuíto das salas de concertos ou festivais e varias estreas ante o público vigués.

    O recinto museístico contará con dous escenarios, situados nas salas Curiosidades científicas e Lonxa, nos que se sucederán os concertos ao longo da tarde. Na primeira das salas, a máis pequena das dúas, terán lugar as actuacións en acústico do compositor e produtor británico residente en Vigo Adrian Timms e dunha das revelacións da escena actual: a poliédrica e hipnótica rebe.

    A sala de maior capacidade, Lonxa, acollerá na tarde do sábado 20 os concertos do músico e artista sonoro Marco Maril, que presentará por primeira vez en Vigo o seu último disco, 15.11.18, inspirado precisamente no Museo do Mar; Verde Prato, unha das máximas expoñentes da xeración de artistas que está a recuperar e reformular a tradición popular vasca da man de elementos electrónicos, debutará na cidade; e Nacho·Faia·Lar, o novo proxecto dos recoñecidos músicos Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido. Ao día seguinte, ás 13.00 horas do día 21, o pianista e compositor galego de bandas sonoras Nico Casal ofrecerá o seu primeiro concerto na cidade olívica.

    Xunto aos nomes que completan o cartel, outra das novidades deste Sinsal Museo do Mar é que a organización ofrecerá catro tipos de entrada, á venda desde hoxe mesmo: un bono para asistir a todos os concertos do sábado 20 (25 euros), entradas para público maior de 12 anos (8 euros cada sesión), billetes para menores de 12 anos ou desa idade no momento de celebración (3 euros) e, finalmente, entrada de balde para as e os menores de 3 anos. Á hora de realizar a compra na plataforma Enterticket, o público poderá escoller o tipo de billete que lle interese.

    43

    Tags: conciertosFestival SinSalMuseo do Marmúsica

    RelacionadosArtículos

    La obra maestra del terror que intentaron quemar resucita en Vigo de la mano de MusicaV
    Espectáculos

    La obra maestra del terror que intentaron quemar resucita en Vigo de la mano de MusicaV

    27 de Oct, 2025
    Los Secretos anuncian el concierto final en Vigo antes de su adiós
    Música

    Los Secretos anuncian el concierto final en Vigo antes de su adiós

    25 de Oct, 2025
    La mística internacional de Sangre de Muérdago aterriza en la Rebullón
    Música

    La mística internacional de Sangre de Muérdago aterriza en la Rebullón

    24 de Oct, 2025
    Reparto de castañas, conciertos y actuaciones infantiles en Vigo para celebrar el magosto
    Local

    «As da Industria» celebran el magosto más auténtico de Vigo

    23 de Oct, 2025
    El Museo do Mar de Vigo acoge la gran fiesta de la poesía con dos ganadoras de lujo
    Libros

    El Museo do Mar de Vigo acoge la gran fiesta de la poesía con dos ganadoras de lujo

    23 de Oct, 2025
    Conciertos, charlas, cine y conferencias en apoyo a Gaza
    Local

    Conciertos, charlas, cine y conferencias en apoyo a Gaza

    21 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro
    Más Vigo

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro

    Lo que muestra la fotografía es un aparcamiento arbitrario en la ciudad de Vigo. Realmente no molesta a nadie y...

    por Julio Alonso
    01 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    Seis lecturas terroríficas para pasarlo de miedo en Halloween
    Libros

    Seis lecturas terroríficas para pasarlo de miedo en Halloween

    Este es el fin de semana de los zombis, las calabazas, los fantasmas y los libros de terror que se...

    por Gabriel Romero de Ávila
    01 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR