• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    música

    O órgano da Concatedral engancha ao público vigués

    A primeira edición do festival "8 pés" remata este sábado tras congregar a un total de 855 persoas que gozaron esta semana das actividades propostas 
    Redacción por Redacción
    27 de Nov, 2021
    en Música
    0
    O órgano da Concatedral engancha ao público vigués

    Concerto este venres. / Fotos: Olalla Lojo

     A primeira edición do festival «8 pés» remata este sábado co concerto de peche da vasca Loreto, titular do órgano Cavaillé-Coll da Basílica de Santa María do Coro de San Sebastián. A organista demostrará un dos papeis menos explorados do órgano, o de instrumento concertante solista, para o que contará co acompañamento da Orquesta Clásica de Vigo. Será ás 21h na Concatedral de Vigo.

    Pola mañá, tamén coas entradas esgotadas, terá lugar a visita guiada polos órganos Lope Alberdi na ría de Vigo, de características lixeiramente diferentes pero todos representativos da tradición organeira romántica vasca de inicios do século XX. A ruta, en colaboración coa navieira Mar de Ons, inclúe o órgano da igrexa de Santiago de Vigo, hoxe mudo e en moi mal estado de conservación; a Concatedral de Vigo, restaurado en 2017, e a antiga Colexiata de Cangas do Morrazo.

    Un total de 855 persoas gozaron esta semana das actividades propostas entre charlas e mesas redondas, visitas guiadas ao órgano de público xeral así como da Escola Municipal de Música e da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, e os tres concertos na Concatedral. «Tivemos moi boa acollida e, por exemplo, para as visitas guiadas xa esgotamos os convites o primeiro día», comenta Manuel Martínez, director do festival. «Ademais foi un público de calidade e participativo, facendo preguntas moi interesantes para descubrir o instrumento», engade.

    Os tres organistas máis salientables de España

    A resposta tamén foi moi positiva nos tres concertos, onde o público encheu a capacidade do templo, prevista para 190 persoas, para gozar da música en directo do órgano da Concatedral. Nesta primeira edición de «8 pés», Vigo contou coa presenza de tres dos organistas máis salientables de España: o asturiano Fernando Álvarez, o valenciano Arturo Barba e a vasca Loreto Aramendi.

    Ademais destes concertos, a programación afondou no coñecemento do órgano da Concatedral así como do instrumento e a súa relación entre formación e Igrexa. «Nunha das mesas redondas chegamos á conclusión da necesidade de apoio e complicidade entre conservatorios e Igrexa. O órgano está nas igrexas, que funcionan como a súa caixa de resonancia, e é nelas onde ten que seguir soando», explica o director.

    Nova edición en 2022

    O festival pon de relevo a necesidade de recuperar e utilizar os órganos dos templos para que este patrimonio non se deteriore. Así, «8 pés» abriu o abraiante universo do órgano á cidade co firme propósito de utilizar estes bens patrimoniais e dalos a coñecer para contribuír á súa conservación e para que o público lle poida outorgar o valor que merecen.

    Dado o éxito de acollida, a Clásica xa ten a vista posta nunha segunda edición en 2022. «Acertamos de cheo no concepto do festival e queremos que o público siga coñecendo as posibilidades do órgano. A intención é repetir o ano que vén cunha programación máis ambiciosa, incluíndo a participación doutros instrumentos», avanza Manuel Martínez.

    Sobre «8 pés»

    O festival «8 pés» está financiado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas e conta coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e a Navieira Mar de Ons.

    43

    Tags: 8 PésColegiataFestivalOrquesta Clásica de Vigo

    RelacionadosArtículos

    Amaia, Xoel López y Eliades Ochoa se suman al PortAmérica 2026: así queda el cartel tras las nuevas confirmaciones
    Música

    Amaia, Xoel López y Eliades Ochoa se suman al PortAmérica 2026: así queda el cartel tras las nuevas confirmaciones

    09 de Feb, 2026
    «Éxito total» del festival que fusiona música clásica, jazz y cine en Vigo
    Música

    «Éxito total» del festival que fusiona música clásica, jazz y cine en Vigo

    08 de Ene, 2026
    Portamérica 2024 ya está más cerca: a la venta los abonos para el festival
    Música

    PortAmérica ha vendido ya el 80% de sus abonos mientras sigue desvelando a cuentagotas su cartel

    18 de Dic, 2025
    Dani Martín soplará las velas de su 25 aniversario en PortAmérica
    Música

    Dani Martín soplará las velas de su 25 aniversario en PortAmérica

    12 de Dic, 2025
    Un icono del pop-rock español y cuatro décadas de carrera se suma al cartel de PortAmérica
    Música

    Un icono del pop-rock español y cuatro décadas de carrera se suma al cartel de PortAmérica

    25 de Nov, 2025
    PortAmérica 2025 supera todas las expectativas y ya calienta motores para su próxima edición
    Música

    Rigoberta Bandini, Sanguijuelas del Guadiana y Nortec: Bostich + Fussible actuarán en PortAmérica 2026

    21 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR