Entre elas atópase a formación de indie pop Tachenko, que chegará a vila miñorana con éxitos como Escapatoria, Vámonos ou El Respland’or . Tamén estará Morgan, unha das bandas máis prometedoras da escena madrileña, que acaba de lanzar a segunda edición do seu disco colándose nas listas dos máis vendidos do ano.
Completando a sección galega incorpórase o novo proxecto musical de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales). A faceta máis imaxinativa deste compostelán ligado ao mundo da música dende hai máis de vinte e cinco anos aposta pola produción propia e en galego. Pop aderezado cunhas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock.
A ourensá Marem Landsom, achegará ao festival a súa voz profunda e chea de matices. Esta moza de 19 anos, quen lanzou recentemente o seu primeiro single «All My Storms», é unha das tres artistas seleccionadas polo Proxecto Prisma, unha iniciativa que pretende dar visibilidade a artistas menores de 23 anos a través dun programa que combina a formación, a asesoría e a experiencia da música en vivo, e coa que colabora o Vive Nigrán, entre outras organizacións.
E por último, a banda novel nigranense Atlantic, formada a mediados de 2015 que pronto estendeu o seu radio de acción a toda a área metropolitana de Vigo, intercalando nos seus concertos versións coas súas propias composicións, dentro dun estilo ecléctico na órbita do indie rock. Súmanse tamén a esta primeira edición catro dj’s
Así, a programación por días do seguinte xeito:
Sábado 26. Marem Ladson, New Day, Picnic Pop DJ, Bflecha, Basanta, Joe Crepúsculo, Viva Suecia, Las Bistecs.
Domingo 27. Duques de Monterrey, Tachenko, Picnic Pop DJ, Isaac Pedrouzo, Edu Romero DJ, Espiño, Os amigos dos músicos, Morgan, Da Chick.