O alcumado ‘picnic-pop festival’, organizado entre Concello de Nigrán e La 10ª Planta, contará con grupos do panorama nacional independente. Las Bistecs, Joe Crepúsculo, Viva Suecia e Basanta son as primeiras confirmacións oficiais.
Vive Nigrán dará a benvida en pleno verán a un novo evento que culminará ao a programación estival no municipio e que porá ao mesmo tempo o peche ao circuíto de festivais Rías Baixas. Para elo, a proposta é transversal e vai máis alá dos concertos en directo a pé de praia.
Así, configuráronse unha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición desde xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de camións de comida, un mercado, sesións de Djs, obradoiros, charlas…