Durante os últimos días leváronse a cabo todos os preparativos na praia dos Frades para acoller os concertos gratuítos que organizan as concellerías de Cultura e Turismo coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba).
O Frades Sunset comezará mañá martes ás 21:00 horas coa actuación do baionés DJ Yaggo, quen xa participou en todas as edicións do festival e que asesora ao Concello cada ano para configurar o cartel. Ese mesmo día, tamén estarán Groove Amigos e Ludwing Van Brothers, para rematar con Fonsi Nieto.
Ao día seguinte, o hora de apertura será ás cinco da tarde e o peche ás cinco da madrugada. Nesta ocasión, a apertura será para Traffic House, DJ Ángel Vakeiro e Gabry Domínguez, mentres que Abel Ramos e Olga Ryazanova serán os encargados de baixar o telón da cuarta edición do Frades Sunset. Ademais, Pablo Méndez animará a festa coas súas performance e haberá zona chill-out, servizo de barra e food-truck’s.