• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    música

    O «Atlántico Express» unirá Vigo e Oporto para promocionar os Festivais Rías Baixas

    O tren Celta que une Vigo coa urbe portuguesa encherase de música, gastronomía e de profesionais das novas formas de comunicación que virán coñecer as Rías Baixas
    Redacción por Redacción
    26 de May, 2017
    en Música
    0
    O «Atlántico Express» unirá Vigo e Oporto para promocionar os Festivais Rías Baixas

    Carmela Silva anunciou que o “Atlántico Express” sairá da estación de Vigo-Guixar o vindeiro 3 de xuño ás 8:56 horas “para promocionar algo extraordinario, fantástico, rompedor, único e auténtico como son os #RíasBaixasFests”, 8 + 1 citas “que non deberás perder”. A presidenta provincial asegurou que “a industria musical das Rías Baixas é un referente no Estado e a nivel internacional” e por iso asegurou que “as voces que nos van acompañar neste tren” (Najla Shami, Mounqup e Basanta-Cromestesia) “son únicas, cunhas letras apaixonantes e que van dar moito que falar”. No tren estarán presentes, ademais dos e das promotoras dos festivais, alcaldes de algúns dos concellos onde se celebran.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra afirmou que “o tren celta Vigo-Porto vaise converter nun espazo de cultura, de música, onde ademais de compartir unha paisaxe extraordinaria poremos en valor todo o noso talento”. Carmela Silva agradeceu aos e ás promotoras dos Festivais Rías Baixas pola súa “capacidade para sumar e de traballar xuntas e xuntos para crear unha idea conxunta de ideas diferentes pero que se complementan”.

    Os Festivais Rías Baixas son o Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Cultura Quente (Caldas de Reis), PortAmérica (Caldas de Reis), O Marisquiño (Vigo), SinSal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilaxoán de Arousa) e Vive Nigrán (Nigrán), ademais dunha “edición especial en Cambados por ser este ano escollida Cidade Europea do Viño”. Carmela Silva asegurou que, para promocionalos, “o Atlántico Express que vai estar cheo de música, música en feminino e en masculino porque tamén nos festivais apostamos pola igualdade”.

    A novidade deste ano é que ademais de que o tren volverá ser o escenario da presentación dos #RíasBaixasFests, por primeira vez farán a viaxe blogueiras e blogueiros, instagrammers e xornalistas de Porto con milleiros de seguidores, “que virán connosco no tren de volta e pasarán o domingo 4 de xuño en Vigo”, afirmou Carmela Silva. “Faremos que se queden en Vigo, durman nesta cidade, para que o día seguinte fagan un percorrido por Rías Baixas e poidan desfrutar das nosas paisaxes, estar nas localidades onde se realizan algúns dos festivais e que as redes soamente falen dos nosos Festivais Rías Baixas”, engadiu. Deste xeito visitarán vilas como Caldas de Reis “por onde pasa o Camiño Portugués e achegarémoslles o termalismo”, Cambados para coñecer o seu casco histórico e unha bodega, ou Bueu “onde está o mellor polbo do mundo”.

    A presidenta provincial asegurou que “estamos facendo unha revolución á hora de ser capaces de traballar e planificar en conxunto, é algo que vai permitir que sexamos moito mellores do que xa é cada festival pola súa conta, un soño feito realidade en paisaxes que non se poden cualificar porque a súa beleza é única”. Carmela Silva lembrou que estes festivais, os #RíasBaixasFests, teñen lugar “en carballeiras, as nosas árbores senlleiras, en illas, preto da costa, pero tamén no interior” e “contan con grupos consolidados e novos grupos de enorme calidade e talento”.

    O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou á Deputación de Pontevedra “por formular novas dimensións á hora de entender a cultura e o turismo” e afirmou que “así, o tren xa non é só un medio de transporte senón tamén de transmisión da cultura, da festa e da nosa gastronomía” promocionando uns “Festivais que forman parte da nosa historia, pero nunha versión actualizada”. Pola súa banda, os promotores dos Festivais Rías Baixas (Jordi Lauren de SonRías Baixas e Luis Campos de SinSal) aseguraron que “cada ano damos un paso máis para situarnos como referente cultural”, sinalou Lauren, e asegurou que “esta unión nos permite engadir sinerxías continuamente e que xurdan oportunidades que doutra forma serían imposibles”. Campos, ademais, asegurou que “tamén estamos traballando para crear sinerxía cos festivais do norte de Portugal” e lembrou que “a nosa unión é moi interesante porque permite que teñamos un diálogo e que, malia ser empresas distintas, haxa unha identidade nos proxectos que desenvolvemos”.

    Ademais da música, o tren celta tamén contará con actividades gastronómicas, ao contar cun almorzo “con produtos propios da nosa terra”, sinalou a Presidenta provincial, e á volta (ás 19:10, hora portuguesa) “tamén produtos propios das Rías Baixas acompañados dos nosos caldos, os mellores viños brancos do mundo”. Carmela Silva lembrou que “os e as visitantes portuguesas ocupan a primeira posición en número, co 22%, e marcamos o obxectivo de que esa cifra se incremente ata o 30% en 2018″.

    43

    Tags: Atlántico ExpressFestivais Rías BaixasOportoVigo

    RelacionadosArtículos

    La coral de Candeán, Mingos Teixeira y Patricio Sánchez Bello, se unen a la lista de Vigueses Distinguidos de 2026
    Local

    La coral de Candeán, Mingos Teixeira y Patricio Sánchez Bello, se unen a la lista de Vigueses Distinguidos de 2026

    11 de Feb, 2026
    Stellantis recibirá 2 millones más del Perte VEC
    Solidaridad

    Los trabajadores de Stellantis Vigo inician su calendario de donaciones

    11 de Feb, 2026
    UGT critica el “desinterés” de la Xunta por garantizar la seguridad en la Ciudad de la Justicia de Vigo
    Local

    Absuelta a una tienda de Vigo de pagar 8.000 euros de electricidad por el «caos absoluto en la facturación»

    11 de Feb, 2026
    Colapso circulatorio en Vigo: un vehículo bloquea la AP9V y las retenciones alcanzan los túneles de Beiramar
    Local

    Colapso circulatorio en Vigo: un vehículo bloquea la AP9V y las retenciones alcanzan los túneles de Beiramar

    11 de Feb, 2026
    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal
    Local

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal

    10 de Feb, 2026
    La compañía de automoción GKN Driveline Vigo inicia un proceso de despido para 75 personas
    Economía

    Convocados siete días de huelga en GKN Vigo ante la falta de garantías en el ERE

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR