O traballo recolle, por primeira vez na carreira musical do grupo, cancións emblemáticas tradicionais de Cataluña, Asturias, Castela e León ou Euskadi, cantadas nos idiomas de orixe, ademais das súas propias composicións. As entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.
Fundado no ano 1986 na Coruña coa vocación de desenvolver e dar a coñecer a música e a cultura de Galicia, Luar na Lubre conta cun repertorio baseado fundamentalmente en músicas de raíces galegas. En 1996, Mike Oldfield incluíu no seu álbum Voyager unha versión da canción O son do ar, que daba título ao primeiro disco da banda, publicado en 1988. Tras este debut, Luar na Lubre lanzou álbums como Beira atlántica (1990), Plenilunio (1997), Cabo do mundo (1999), XV aniversario (2001), Espiral (2002), Hai un paraíso (2004), Saudade (2005), Camiños dá fin dá terra (2007), Ao vivo (2009), Solsticio (2010) e Mar maior (2012). O grupo, formado por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfona), Paula Rey (voz), Julio Varela (bouzouki, voz, percusión), Eduardo Coma (violín), Paxti Bermúdez (bodhran, tambor, djimbek), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos) e Xan Cerqueiro (frautas) vendeu máis de 300.000 exemplares dos seus álbums, recibido numerosos recoñecementos, e actuado en máis de 23 países xunto a artistas como Mike Oldfield, The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof.