16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

concerto

Tequila e M Clan fusiónanse no Auditorio Mar de Vigo

Alejo Stivel e Carlos Tarque actuaran este mércores ás 21:30 horas no Mar de Vigo

22 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero, este martes, xunto a Alejo Stivel e Carlos Tarque. / Foto: Concello Abel Caballero, este martes, xunto a Alejo Stivel e Carlos Tarque. / Foto: Concello

Abel Caballero deu a benvida este martes a Vigo aos "mitos" e "ídolos" da música, cantantes de Tequila e M Clan, que ofrecerán este mércores un concerto conxunto no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación municipal de Nadal. Ambos escolleron Vigo para reunirse por primeira vez e interpretar algúns dos clásicos do rock en español, nun formato acústico e íntimo.

Durante a presentación pública do concerto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu este martes a benvida á cidade a Alejo Stivel e Carlos Tarque e amosou a súa "satisfacción" pola "importancia" da actuación que terá lugar este mércores, 23 de decembro, ás 21:30 horas no Mar de Vigo, con entradas á venda desde os 18 euros.

Alejo Stivel, cantante de Tequila, e Carlos Tarque, á fronte de M Clan, son dúas estrelas do rock and roll en español, dous amigos de sempre que elixiron a cidade de Vigo para reunirse por primeira vez nunha noite exclusiva. Nun concerto de corte íntimo e acústico, a deste mércores será unha ocasión única para gozar dos clásicos que todos coñecemos e dalgunhas versións que nunca tocaran con anterioridade.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos