19012020Dom
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 4pm

A música en Galicia. A música en galego

Relatorio e concerto de Sés na Universidade de Vigo

A rockeira conversará sobre a situación actual da música en Galicia e tocará cancións do seu terceiro traballo Tronzar os valos

18 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)

A Universidade de Vigo acolle este xoves dúas actividades na que a rockeira e cantareira Sés será a protagonista.

Pola mañá, ofrecerá un relatorio sobre “A música en Galicia. A música en galego” no salón de actos da Facultade de Filoloxía e, pola tarde, actuará no tatro de Cidade Universitaria do Campus de Vigo, dentro da xira de presentación do seu terceiro e último traballo, Tronzar os valos. A cantante compartirá co público un tempo de conversa no que achegará as súas reflexións e experiencias destes últimos anos. O relatorio enmárcase dentro das actividades organizadas pola Comisión de Normalización de Filoloxía.

O concerto, organizado pola a Vicerreitoría de Extensión Universitaria dentro da programación deste outono-inverno, ofrecerá a oportunidade de gozar do directo desta cantante comprometida e libre, coma se define a propia Sés. Tocará cancións do seu terceiro álbum, Tronzar o valos, con temas que responden con música e ideas a un tempo de abatemento.

SÉS

Relatorio A música en Galicia. A música en galego

Data: 19 de novembro

Hora: 12.00 h // Entrada libre ata completar aforamento

Lugar: Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución

Concerto da xira Tronzar os valos

Data: 19 de novembro

Hora: 18.30 h // Entrada libre ata completar aforamento

Lugar: Teatro Cidade Universitaria. Campus de Vigo.

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos