24052019Vie
Última edición: Jue, 23 May 2019 11pm

UVIGO

Cool Cucumbers, grupo gañador no festival Ensaiamos-Colleita

O cuarteto poderá gravar en estudio a súa primeira maqueta

03 Mayo 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cool Cucumbers poderá gravar a súa primeira maqueta no estudio da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. Cool Cucumbers poderá gravar a súa primeira maqueta no estudio da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

O grupo Cool Cucumbers foi o gañador do segundo festival Ensaiamos-Colleita 2015. Logo de interpretar nove temas propios, a banda foi a máis votada polo público asistente e a que recibiu a mellor puntuación por parte do xurado. Cool Cucumbers poderá gravar a súa primeira maqueta no estudio da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

Pablo Dopico, voz e guitarra do grupo e estudante de Maxisterio, agradeceu á Universidade a oportunidade de subir a un escenario e tocar cara ao público, unha experiencia difícil de desenvolver para grupos como o seu. Músico afeccionado desde que aos trece anos se xuntara con Carlos Mosquera, a outra guitarra deste cuarteto, Cool Cucumbers constituíuse como cuarteto hai tres anos. Era a primeira vez que participaba no programa Ensaiamos.

A Universidade de Vigo ofrece un lugar onde ensaiar e parte do equipo de son necesario. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria organiza cada ano esta actividade co obxectivo de axudar na produción da música propia e impulsar a súa difusión. Estes dous fins reflíctense nun máis importante que é a formación de axentes culturais propios nos seus lugares de orixe, grazas á formación alcanzada.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

obras

sucesos

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos