11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

A Orquesta Clásica de Vigo despide o ano coa BSO de Harry Potter

A formación musical ofrecerá un concerto especial de Nadal que inclúe unha proposta pensada para todos os públicos

02 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O recital terá lugar o 28 de decembro. O recital terá lugar o 28 de decembro.

A Orquesta Clásica de Vigo realizará o último concerto do 2019 o vindeiro 28 de decembro (20.30 horas) no teatro García Barbón cunha proposta de Nadal pensada para todos os públicos, na que se mesturará a música de Sibelius e a de John Williams, apostando por esa vertente ou vocación onírica e máxica presente nestas obras.

O programa combina, baixo criterios de uniformidade sonora, a música composta para a banda sonora da saga Harry Potter co impresionante ‘Concerto para violín e orquestra’ de Jean Sibelius, que será interpretado pola violinista suíza Maristella Patuzzi que xa en 2018 compartiu escenario coa nosa formación.

Este concerto busca chegar a todos os públicos cunha proposta que aposta pola diversidade e a capacidade de unir que ten a música sinfónica en directo. A Orquesta Clásica de Vigo pecha así a programación anual coa que celebra o seu 35 aniversario.

As entradas xa están á venda desde 6 euros a través da internet, na sede de Afundación (Policarpo Sanz 24-26) ou no teléfono 902 504 500.

Medios

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos