12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

A Orquestra Vigo 430 abre nova temporada con tres grandes citas musicais

16 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
 O Auditorio Martín Códax acollerá concertos sinfónicos, música de cámara e música barroca. O Auditorio Martín Códax acollerá concertos sinfónicos, música de cámara e música barroca.

O concelleiro de Cultura presentou a programación musical da formación para a temporada 2019-2020, xunto ao director artístico, Javier Escobar. O Auditorio Martín Códax acollerá concertos sinfónicos, música de cámara e música barroca.

O edil de Cultura, Abel Losada, trasladou o apoio do Concello á música clásica en Vigo e, en concreto, á Orquestra Vigo 430, que recibe unha axuda de 125.000 euros anuais para desenvolver a súa actividade e para "favorecer a conformación dun tecido cultural arredor da música clásica".

Javier Escobar, director artístico da Orquestra Vigo 430, agradeceu o apoio municipal "desde hai anos, sen o que non sería posible desenvolver o proxecto da orquestra nin este programa" e adiantou que a 2019-2020 é a "mellor temporada en termos cualitativos" das que levan realizado ata este momento.

Ao respecto do programa, explicou que está realizada "ao cento por cento dende a cidade" combinando a achega de primeiras figuras da música europea xunto aos mellores profesionais galegos, reforzados co alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o que "supón un plus para eles na súa formación". Haberá un concerto mensual, entre novembro de 2019 e maio de 2020 con recitais sinfónicos, música de cámara e sección de música barroca. Tódolos concertos terán lugar no Auditorio Martín Códax.

O director artístico da Vigo 430 destacou tres das citas: o 20 de decembro, cunha das "maiores figuras da música clásica nestes momentos, o director e solista Maxim Rysanov"; o 16 de febreiro contarán coa presenza da violinista Rosanne Philippens dirixindo a orquestra desde a posición de concertino cun programa dedicado integramente a Beethoven e o 20 de marzo, poderá gozarse de "A paixón segundo San Xoán de Bach" dirixida por unha das mellores especialistas de música barroca, Lina Tur Bonet.

Amais, a Orquestra Vigo 430 seguirán contando co programa "Escoitantes", co que Cándido Cabaleiro ofrece sesións previas aos concertos para descubrir os programas de forma amena e accesible co fin de achegar este xénero ao público xeral. Neste obxectivo tamén se enmarca o prezo das entradas, entre 5 e 10 euros, para facelas accesibles a toda a cidadanía.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos