22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

O rapeiro lírico Juancho Marqués abre a programación cultural da Universidade de Vigo

O cine ocupará un lugar destacado nas propostas de ocio, así como o teatro gracias ás últimas montaxes de Chévere e Sarabela

15 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Juancho Marqués. Juancho Marqués.

Juancho Marqués, considerado pola crítica como o rapeiro lírico, abre a programación cultural da Universidade de Vigo deste primeiro cuadrimestre. E faino cun concerto solidario, no que o propio cantante participa cunha achega a prol de Enxeñería sen fronteiras para axudar no financiamento dun programa de auga en Honduras. O donativo será de dos euros e todo o que se recade será para ese fin.

Marqués subirase ao escenario de Cidade Universitaria de Vigo o vindeiro 17 de outubro, coa estela de ser un músico de hip-hop pero lonxe das mensaxes violentas e sexistas. Nas súas cancións emprega unha linguaxe lírica e un estilo descritivo, segundo define o propio artista, coidando cada mensaxe e as referencias que utiliza, incluso de poetas da Xeración do 27. Marqués vén de publicar Álbum Uno, o seu cuarto traballo co que está a abarrotar as salas de toda España. 

A destinataria da recadación será a oenegué Enxeñería Sen Fronteiras que, ademais de cumprir 25 anos, é unha organización fundada na propia Universidade de Vigo. O programa no que está a traballar nestes intres é o dereito humano á auga, no sur de Honduras, no Golfo de Fonseca. Nesta acción, colaboran coas organizacións hondureñas AHJASA e a Mancomunidade de Municipios del Sur NASMAR.

Os pases para o concerto de Juancho Marqués poderán recollerse o mércores, 16 de outubro, de 12.00 a 16.00 horas e o propio día da actuación, desde as 12.00 horas, no teatro de Cidade Universitaria. Para aquelas persoas que queiran colaborar cun donativo pero non asistan ao concerto, poderán facelo, neste mesmo horario, nunha “fila cero” habilitada para tal fin.

No eido musical, a programación contará tamén con De Vacas, formación galega que fixo de Amodiño, versión do popular Despacito, un éxito en toda España. O grupo está composto polas voces de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, á que incorporaron a guitarra de Guillerme Fernández. De Vacas veñen de facer concertos en toda Galicia, enchendo prazas e teatros. Crearon o himno do Festival de Cans e mesmo unha homenaxe e Emilia Pardo Bazán para a Real Academia Galega.  Foron premio Martín Códax da Música en 2016 e chegarán a Universidade de Vigo coa súa melodía e retranca o vindeiro 4 de decembro.

Teatro
O teatro chega á Universidade de Vigo da man de Chévere e Sarabela. O grupo compostelá traerá a súa última posta en escena, Curva España. Trátase dunha montaxe que rescata un feito histórico: a investigación do estraño accidente do enxeñeiro España que hai un século marcou a chegado do tren a Galicia. Chévere, premio nacional de Teatro 2014, estreou esta nova produción o pasado 25 de xullo na Mostra de Teatro de Ribadavia e subirase ao escenario universitario o vindeiro 7 de novembro.

Sarabela, pola súa parte, trae á Cidade Universitaria tamén a súa última produción o 27 de novembro, Crónicas do Paraíso. A compañía ourensá fai nesta montaxe unha versión libre do clásico de Álvaro Cunqueiro, As crónicas de Sochantre, unha posta en escena que recrea un universo de crime e relatos onde a vida e morte conviven de preto. 

Tanto as actuacións musicais e teatrais terán lugar no teatro de Cidade Universitaria de Vigo a partir das 18.30 horas.

Cine
Tamén se celebrará a décimo primeira  edición do ciclo de cine e lingua, Let´s go to the flicks, cunha selección de longametraxes en versión orixinal con subtítulos que se poderán ver desde o 31 de outubro ata o 11 de decembro. Nesta ocasión trátase de tres filmes de Richard Linklater, unha obra de Orson Welles e un filme sobre a escena musical do anos 70 en Irlanda.

O ciclo arrancará con Halloween Special: ‘F for Fake’ (Orson Welles, Gary Graver, 1973); ‘Before Sunrise’ (Richard Linklater, 1995); ‘Before Sunset’ (Richard Linklater, 2004), ‘Before Midnight’ (Richard Linklater, 2013), e, por último, ‘Good Vibrations’ (Alex Lisa Barros D’Sa & Glenn Leyburn, 2012). As sesións serán ás 20.00 horas no auditorio do Parque Nacional de Illas Atlánticas (edificio Cambón)

Neste primeiro cuadrimestre tamén se celebrará, coma todos os anos, a Semana de Cine Submarino que este ano terá lugar entre o 20 e o 22 de novembro. Esta cita co mar contará coas máis destacadas longametraxes sobre o medio mariño filmadas no mundo. Mostrarase no Teatro Afundación.

Todas as actuacións da programación cultural da UVigo son de entrada libre ata completar aforamento agás o concerto de Juancho Marqués que terá fins solidarios, cun donativo de dous euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos