15102019Mar
Última edición: Mar, 15 Oct 2019 3pm

O Galician Freaky Film Festival bate as súas marcas e recibe preto de 200 cintas

Vigo acollerá por terceiro ano consecutivo o certame dedicado ao audiovisual de serie B e monstros, que fará unha homenaxe ao filme ‘Alien’, que cumpre 40 anos da súa estrea

18 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Público na pasada edición do festival. / Foto: GFFF Público na pasada edición do festival. / Foto: GFFF

Tras a edición 0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o Galician Freaky Film Festival (GFFF) volve a Vigo do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival langrán que honra ao friksimo cinematográfico en todos os seus formatos. Ademais, desta vagada, a organización móstrase entusiasmada porque batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas.

A procedencia das obras, chegadas dende lugares tan diversos coma Chile, Ucraína, Estados Unidos, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil, demostra que os xéneros clásicos máis ‘pulp’: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito por todo o mundo.

A organización do GFFF destaca non só o gran número de filmes achegados durante o período de selección, senón tamén o recentes que son a gran maioría deles, xa que máis dun 30 por cento son do 2019 e outro 20 por cento do 2018.

As datas escollidas para a nova edición do GFFF son os vindeiros 24, 25 e 26 de outubro e a Sala Videodrome repetirá coma sede e centro de operacións.

O aniversario de 'Alien'
“No espazo ninguén pode escoitar os teus berros”. Deste xeito se promocionaba en 1979 'Alien, o oitavo pasaxeiro', a mítica película de Ridley Scott protagonizada por Sigourney Weaver e un xenomorfo terrible de mala baba. Aproveitando a efeméride das catro décadas da súa estrea, o GFFF quere facerlle unha homenaxe moi especial no que haberá actividades relacionadas co filme, moita presenza no cartel do certame deseñado por Paulo Mosca e algunha que outra sorpresa que fará as delicias dos fanáticos alieníxenas.

Trala pasada edición, na que a Sala Videodrome ateigouse de público para gozar do éxtase freak, o GFFF busca consolidarse coma unha cita cultural divertida e diferente en Galicia.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos