17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Nigrán celebra un Rock in Patos inclusivo con tributos a Jimi Hendrix e Creedence Clearwater

As bandas Spanish Castle Magic e Greenwater revivirán o mítico festival de Woodstock na explanada do mercadiño de Patos. O Concello ofrecerá as súas cinco mochilas vibratorias para as persoas xordas que previamente o soliciten

20 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
O grupo Greenwater. O grupo Greenwater.

Nigrán ofrece este sábado 24 de agosto a súa segunda edición de Rock in Patos rendendo homenaxe aos 50 anos da celebración do mítico festival de Woodstock con bandas tributo a Jimi Hendrix e Creendence Clearwater. A explanada do mercadiño, coas súas vistas á praia de Abra, será o escenario elixido para revivir a histórica congregación hippie dende as 19:00 horas a través de Spanish Castle Magic (tributo a Jimi Hendrix, 20:00 horas) e Greenwater (tributo a Creedence Clearwater, 22:00 horas).

Este será ademais un Rock in Patos inclusivo grazas ás cinco mochilas vibratorias adquiridas recentemente polo Concello de Nigrán para persoas xordas. Os interesados en empregalas deben solicitalas previamente a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Co obxectivo de que poidan experimentalas o maior número de xente posible o tempo será dividido entre todos os interesados ata un máximo de 15 por concerto.

Paralelamente, o Centro de Información á Muller (CIM) instalará un punto violeta de prevención e información sobre as agresión sexuais coa campaña 'Nunca sen un si'. O evento volverá novamente a unir 'Rock&Food' coa gastronomía que achegarán os camións de comida de Chac-Mool, Capitán Filloa e Mean Dogs.

“Viviremos un solpor espectacular cara a praia de Abra coa música de dúas das bandas máis representativas de Woodstock, mítico festival ao que quixemos render homenaxe este ano no que se cumpre medio século da súa celebración”, explica Juan González, alcalde de Nigrán, e quen aposta por darlle a mesma continuidade ao Rock in Patos que ao Nigranjazz, Solpor, Vive Nigrán ou ChandeFolk. “En Nigrán programamos festivais durante todo o verán para tódolos gustos e idades e en espazos espectaculares que poñen en valor o noso municipio”, resume.Cartel RockInPatos DEF con MAHOU

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos