19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

A Orquestra Clásica de Vigo traslada ao domingo o seu concerto da Noite Branca

O resto de concertos da Noite Branca celebraranse, de chover, en sitios próximos a cuberto

09 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha actuación da formación no Casco Vello. / Foto: Orquestra Clásica de Vigo Unha actuación da formación no Casco Vello. / Foto: Orquestra Clásica de Vigo

O concerto que a Orquestra Clásica de Vigo ía ofrecer este venres nos xardíns históricos de Castrelos, dentro da programación do Concello para a Noite Branca, trasladase ao domingo ás 21.00 horas pola previsión climatolóxica adversa e a imposibilidade de buscarlle un emprazamento próximo a cuberto.

Anunciouno este venres Abel Caballero, quen confirmou que o resto de concertos previstos na Noite Branca se van a celebrar con normalidade, de chover, pasarán a espazos cubertos no entorno. "Temos plan B", confirmou o alcalde, quen animou a toda a cidadanía a achegarse na noite deste venres aos museos e participar das actividades previstas: visitas guiadas, obradoiros, novas exposicións e concertos, entre outras.

As actuacións desta noite na rúa do Príncipe (La Chata Soul ás 23.00 horas e Elephant Yard ás 01.00 horas) pasarán ao salón de actos MARCO de chover; os programados no xacemento do Castro (Margarida Mariño ás 21.00 horas) e na Praza da Princesa (Patricia Moon á medianoite) se celebrarían na Pinacoteca; e a actuación de Two in the Mirror das 23.00 horas, previsto na terraza do Verbum, tería lugar dentro do museo.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos