08122019Dom
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 7pm

Musigal 2019 leva a Sondeseu a Gondomar e á Anxo Lorenzo Band a Moaña

As dúas actuacións terán lugar este sábado dentro do programa cultural da Deputación de Pontevedra

25 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A actuación de Sondeseu en Vigo, este verán. / Foto: Sondeseu A actuación de Sondeseu en Vigo, este verán. / Foto: Sondeseu

Gondomar acollerá este sábado a actuación de Sondeseu ao abeiro de Musigal 2019, o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Mentres, Moaña acollerá ese mesmo sábado a actuación da Anxo Lorenzo Band, o grupo do gaiteiro local, que conta no seu haber con gravacións, concertos e xiras por España, Francia, Estados Unidos, Inglaterra e Irlanda.

Musigal 2019 naceu co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización do galego, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra.

Este 2019 participan no programa da institución provincial máis de 100 grupos e artistas con domicilio social en Pontevedra. Esta segunda edición do programa, que conta cun orzamento de 500.000 euros, incrementou notablemente as solicitudes de inscrición con respecto á primeira edición, que había arrancado con 70 inscritos.

Como o ano pasado neste programa existen seis categorías musicais: ‘Son muller’, na que poden inscribirse grupos nos que polo menos o 60% das persoas integrantes e a vocalista sexan mulleres; ‘Son crianza’ para grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar; ‘Son mocidade’ para grupos nos que polo menos o 60% das persoas integrantes sexan menores de 35 anos; ‘Son tradición’ para grupos de música tradicional galega; ‘Son clásico’ para grupos de música clásica que teñan no seu repertorio composicións de autoras e autores galegos; e ‘Son actual’ para grupos de pop, rock, hip hop e música electrónica.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos