25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

"Solpores do Museo", o festival con grupos de Vigo será no Museo do Mar

Amaro Ferreiro, Moon Cresta, Presumido, Blusvai e Cora Velasco entre os grupos que actuarán en Alcabre

17 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel do festival. Cartel do festival.

A Xunta de Galicia pon en marcha, no espectacular Museo do Mar de Galicia, o ciclo de concertos: "Solpores do Museo", unha proposta que chega para transformar o verán en Vigo.

A iniciativa foi presentada este mércores, nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro; a directora do Museo, Marta Lucio; os coordinadores do ciclo, Juan Rivas e Manuel Araújo e os recoñecidos músicos galegos, Amaro Ferreiro, Moon Cresta, Presumido, Blusvai e Cora Velasco.

No acto púxose de manifesto o principal obxectivo da Xunta de Galicia con este ciclo, o de poñer en relevo os traballos de artistas locais, tanto emerxentes como consagrados, mediante unha programación transversal, que una a estes con artistas de traxectoria consolidada no panorama nacional. Unha simbiose exclusiva, que converterá ao Museo do Mar de Galicia, nun inmellorable punto de encontro para os amantes da música.

O ciclo busca ademais dinamizar os espazos de lecer do Museo do Mar e contribuír así, a xa extensa oferta cultural deste centro. Os concertos, que se desenvolverán no serán, terán como marco o espectacular solpor na Ría de Vigo, unha estampa que gaña valor coa calidade arquitectónica do edificio do Museo do Mar, obra dos arquitectos Cesar Portela e Aldo Rossi.

solpores no museo

Programa
O ciclo constará de seis citas semanais, que ocuparán o calendario dende a última semana de xullo ata finais de agosto. A primeira sesión será o próximo mércores 24, e terá un acento marcadamente galego coa participación de Baiuca e Presumido, dúas propostas locais de estilo único. Será a partir da primeira semana de agosto, cando o programa de “Solpores do Museo” combine en cada sesión a un grupo ou músico galego con outra proposta chegada de fora.

Os concertos celebraranse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia a partir das 20:30, cun aforo limitado. A entrada será de balde previa descarga da invitación na páxina web www.solporesdomuseo.com.

cartaz

 

Mércores 24 de xullo
Baiuca + Presumido
Xoves 1 agosto
Amaro Ferreiro + Villanueva
Xoves 8 agosto
Moon Cresta + Aurora & The Betrayers
Xoves 15 agosto
Soleá Morente + Budiño
Xoves 22 agosto
Joe Crespúsculo + Cora Velasco
Xoves 29 agosto
Zenet + Blusvai

 

 

 PRIMEIRA SESIÓN - MÉRCORES 24 DE XULLO

BAIUCA
Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores,
caixas de ritmo e programacións. Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun synth pop realmente brillante, conxugando hedonismo 80 s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. 

Todo iso quedou reflectido en “ Antagonasia” ( Crispis, 2014). Na música de Baiuca atopamos elementos recoñecibles de músicos como Carlos Núñez –especialmente as frautas-, Mercedes Peón,
Xosé Lois Romero ou Milladoiro, pero tamén propostas vangardistas como as de Nicola Cruz ou Chancha Vía Circuito.

PRESUMIDO
Presumido é unha ponte entre pasado e presente do Pop Electrónico, unha proposta formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica. As súas influencias son todas internacionais ( Moderat, Nine Inch Nails, Bon Iver) salvo unha, Tino Casal, a quen admira e reivindican como máximo expoñente español do pop electrónico. Aínda que o inicio da banda remóntase a 2013, foi a mediados de 2015 cando decidiron ambos, deixar de tocar con outros artistas para poder centrarse en exclusiva no seu novo proxecto.

O seu primeiro longo, lanzado en xaneiro de 2017, Vendetta, foi un dos discos máis galardoados a nivel nacional en 2017: Top 1 Virales de España en Spotify durante varios días, Top 50 durante máis dun mes, Mellor Disco 2017 para Mondo Sonoro na edición castellanoleonesa e galega e foi tamén “ melocotonazo da semana” en Hoxe Empeza Todo de Radio3. En definitiva, estivo entre os mellores discos de 2017 para máis de 20 medios.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos