Imprimir esta página

Abertas as inscricións para a clase maxistral de Deborah J. Carter, estrela do Nigranjazz

Os interesados en participar deben anotarse no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e abonar 15 euros o mesmo día da clase, o sábado 27 ás 12:00 horas no auditorio municipal

09 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Deborah J. Carter. Deborah J. Carter.

A gran estrela do Nigranjazz 2019, a cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, será a protagonista da xa tradicional clase maxistral do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 horas no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben inscribirse xa no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e abonar 15 euros o mesmo día da clase.

Esta lección maxistral é especialmente axeitada para cantantes pero tamén é recomendable para calquera músico ou simplemente ouvinte e afeccionado ao jazz. A sesión estará orientada ao ‘scat’, técnica que popularizou Louis Armstrong e que consiste en improvisar melodías con sílabas sen sentido textual.

Deborah J. Carter ten unha grande reputación como educadora. De feito, é actualmente a profesora de voz de Musikene, o Conservatorio Superior do País Vasco. Ademais, realiza seminarios por todo o mundo dende hai máis de vinte anos, polo que resulta unha oportunidade única para os músicos e afeccionados da contorna.

Esta clase do Nigranjazz forma parte da identidade do festival, xa que sempre se aproveita a presenza de músicos internacionais para que intercambien os seus coñecementos cos músicos locais.

Inicia sesión para enviar comentarios