23092019Lun
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 10pm

música

A Orquesta Clásica de Vigo sae ás rúas do Casco Vello no Día Europeo da Música

A praza da rúa Real coa Travesía da Esperanza será o escenario para o concerto

19 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Orquesta Clásica de Vigo. Orquesta Clásica de Vigo.

As rúas do Casco Vello serán o vindeiro venres o escenario da Orquesta Clásica de Vigo para celebrar o Día Europeo da Música 2019.

A Orquesta Clásica de Vigo celebrará este venres 21 o Día Europeo da Música 2019 cun concerto (20:30 horas) no Casco Vello de Vigo que congregará á plantilla da formación musical olívia na praza da Rúa Real (á altura do número 24).

O 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música, unha data moi especial para a Orquesta Clásica para compartir a súa paixón pola música nun formato en aberto á cidadanía. "Por iso este ano cambiamos de ubicación e baixamos á praza que se forma no Casco Vello na intersección da Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade. Con este cambio queremos explorar novos espazos para a música no Casco Vello", sinalan desde a agrupación musical.

Por outra banda, durante esta semana ofreceren as entradas do vindeiro concerto que realizarán o 12 de outubro no Teatro Afundación cun desconto do 25% para celebrar este día da música. Este desconto está dispoñible en Ataquilla.com e estará vixente ata o domingo 23.

Inicia sesión para enviar comentarios

marítima

navidad

movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos