17062019Lun
Última edición: Lun, 17 Jun 2019 6pm

O ecléctico Luke Winslow King presentará en Vigo o seu último disco

O músico norteamericano ofrecerá un concerto na cidade o 8 setembro acompañado do virtuoso guitarrista Roberto Luti

11 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Luke Wilson King. Luke Wilson King.

Luke Winslow King visitará por primeira vez Vigo o 8 de setembro acompañado por toda a súa banda, formando parte do ciclo internacional Máis Que Blues. O ecléctico músico norteamericano, que se deu a coñecer aínda máis en España tras a súa actuación no Azkena Rock Festival de Vitoria, presentará na cidade o seu último disco, ‘Blue Mesa’. Canda el, estará sobre o escenario o o virtuoso guitarrista Roberto Luti.

Nese álbum, o cantante, compositor e guitarrista compositor volve deixar reflexo do seu gran facer como escritor. Luke Winslow King xa recalou en España o pasado outono dentro dunha xira de presentación do disco. Daquela visitara cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza o Santander.

O artista estadounidense formouse musicalmente en New Orleans, onde chegou con 19 anos e durante 15 anos estaría empapándose de toda esa gran cultura musical que rodea a capital do Mardi Gras. É aquí onde Luke atopa o seu propio rumbo no mundo da música adoptando todos esos estilos que resoan en barrios como Tremé, onde bandas de jazz, blues, bluegrass, folk e as brass bands impregnan de música os 365 días do ano cada local e cada cruce de camiños.

As entradas para o concerto, que terá lugar na sala Rouge, xa están dispoñibles a través da internet por 10 euros -15 euros en billeteira-, así como nas tendas Discos Elepé e Honky Tonk.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

solidaridad

festival

sucesos

VIGO

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos