22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

Boo Boo Davis ofrecerá este verán en Vigo o seu único concerto en Galicia

Esta lenda viva do blues presentará o seu novo álbum, ‘Tree Man’, na sala Rouge o vindeiro 19 de xullo

18 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Boo Boo Davis. Boo Boo Davis.

Boo Boo Davis, lenda viva do blues, ofrecerá este verán en Vigo o seu único concerto en Galicia dentro da xira que fará por Europa. O concerto, encadrado dentro do ciclo Máis que Blues, terá lugar o vindeiro 19 de xullo (22.00 horas) na sala Rouge. As entradas xa están a venda a través da internet e nas tendas Elepé e Honky Tonk.

O músico de Drew (Mississippi) é un gran dominador da harmónica. Ademais, foi un pioneiro dentro do blues, onde hoxe en día segue sorprendendo con esa capacidade de darlle un aire fresco e cheo de innovación sen perder o son tradicional, como fai no seu último álbum ‘Tree Man’ (2019), para moitos catalogado como un dos mellores discos de blues dos últimos anos, e que estará presentando coa súa banda en Vigo, nun dos dous únicos concertos confirmados en España.

Na súa longa traxectoria musical, Boo Boo Davis compartiu escenario con lendas como Albert King. O prezo das entradas anticipadas para a súa actuación na sala Rouge é de 10 euros; 15 euros en taquilla.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos