18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

O Nigránjazz convoca o concurso de carteis Quin Alborés

Cun premio de 500 euros e prazo de presentación de propostas desde o luns 15 de abril ao 20 de maio

13 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Carteles do NigranJazz. Carteles do NigranJazz.

O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés', dotado con 500 euros á proposta gañadora, co obxectivo de difundir a imaxe do Nigranjazz 2019.

O prazo de presentación de propostas comeza este luns 15 de abril e remata o venres o 20 de maio. As bases para participar poden consultarse dende o mesmo luns na web do Concello ou na propia Casa Consistorial.

O concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz.

Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato de acordo co previsto nas bases e poderán enviarse por correo electrónico ou por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.
Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos