20032019Mié
Última edición: Mié, 20 Mar 2019 1pm

Delafé únese ao cartel do festival Vive Nigrán

A banda, que ofrecerá un concerto durante o festival nunha ‘Sesión Mediodía Cañero’, súmase a grupos como Las Chillers, Los Nastys, Los Vinagres, Hidrogenesse e Novedades Carminha, xa anunciados previamente pola organización

15 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O dúo Delafé. O dúo Delafé.

A terceira edición do festival Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido os próximos 19 e 20 de xullo, contará no seu cartel con Delafé. O dúo de Barcelona achegaralle ao público a súa música sobre o Escenario Mahou nunha ‘Sesión Mediodía Cañero’. Deste xeito, Delafé ofrecerá nesta edición un concerto con algunhas das súas cancións máis emblemáticas e outras do seu último disco, do que xa se puideron escoitar adiantos: ‘La gran ola’ e ‘Menos cabeza, más corazón’. Con estes temas amosan o seu novo son máis electrónico.

A banda barcelonesa súmase ás revolucionarias Las Chillers, ao caos creativo e punk de Los Nastys, á música latina e o rock de raíces de Los Vinagres, aos galegos Novedades Carminha e ao pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, xa anunciados previamente pola organización, que desvelará máis bandas nas próximas semanas. As persoas interesadas en adquirir os seus abonos para os dous días de Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, a un prezo de 22 euros.

O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de camións de comida, sesións DJ, obradoiros, charlas...

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

televisión

opinión

  • Colonoscopia pública
    Colonoscopia pública Si le hacen una colonoscopia en un hospital del Sergas tenga la seguridad y la tranquilidad de que será una colonoscopia pública. Con las nuevas políticas de publicidad, además, tal vez le pongan un sello en el culo que haga…
    Leer más...

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos