19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

Sés presentará en Vigo o seu novo disco, 'Rabia ao silencio', que sae este venres á venda

A artista galega ofrecerá un concerto no teatro García Barbón o vindeiro 6 de abril

14 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Sés. Sés.

Este venres 15 de marzo sae á venda en tendas e plataformas dixitais o novo disco de Sés, 'Rabia ao Silencio', un álbum que a artista galega presentará en Vigo o sábado 6 de abril (21.00 horas). O concerto terá lugar no teatro García Barbón e as entradas xa están á venda desde 10 euros.

A 'Rabia ao Silencio' que cantaba Atahualpa Yupanki dá nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de toda Galicia nos vindeiros meses cunha formación de trío: con Sés á voz, guitarra e percusión; Sabela Galván á voz, acordeón e frauta; e Tito Calviño á guitarra.

Desta volta Sés propón un traballo acústico, máis íntimo e directo, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

Trátase dun traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30.

Segundo a propia autora, "Rabia ao silencio' é unha débeda contraída con quen me ensinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferenza, o individualismo e a covardía, 'Rabia ao silencio' era unha obriga para min".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

A tua compañía de auga en Vigo

vigo

sanidad

gastronomía

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos