19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

concerto

Robby Peoples quere agotar entradas tamén en Vigo

O músico de Mississippi, de xira por España, actuará este domingo na sala Rouge dentro do ciclo Máis Que Blues

19 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Robby Peoples. Robby Peoples.

Robby Peoples, un dos grandes talentos do blues americano, actuará este domingo 24 de febreiro (21.00 horas) na sala Rouge de Vigo acompañado da banda The Congress. O músico, pouco coñecido en España pero moi popular nos Estados Unidos, está de xira por once cidades do país, colgando o cartel de ‘non hai billetes’ en moitas das salas nas que tocou e vai tocar.

O de Mississippi é un verdadeiro ‘showman’ capaz de enganchar ao público dende o primeiro minuto grazas á súa gran técnica coa harmónica, aos seus frenéticos bailes e á súa cativadora voz. Estará acompañado pola banda de Denver e será en Vigo onde poña punto final ao seu tour por España.

As entradas a prezo anticipado de 10 euros xa están á venda en Ataquilla.com e nas tendas Elepé e Honky Tonk Discos. O prezo en taquilla é de 15 euros e a apertura de portas terá lugar ás 20:30 horas.

Medios

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

sanidad

gastronomía

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos