24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 9pm

A Orquesta Clásica de Vigo celebra o seu 35 aniversario con seis concertos contemporáneos e singulares

A formación inaugurará a tempada o vindeiro 7 de marzo conmemorando o seu nacemento con obras de Ravel e Vaughan Williams no Teatro Afundación

18 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Orquesta Clásica de Vigo./Foto: Afundación Orquesta Clásica de Vigo./Foto: Afundación

A Orquesta Clásica de Vigo conmemora este ano o seu 35 aniversario con seis concertos singulares, que pretenden ofrecer unha visión ecléctica e contemporánea da música sinfónica. Así o manifestou Manuel Martínez, coordinador da programación, que este luns presentou o calendario de sesións de A Clásica acompañado polo concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Cayetano Rodríguez. 

A innovadora proposta da agrupación para esta temporada comezará o vindeiro 7 de marzo cun concerto en torno a dous grandes compositores coetáneos, Maurice Ravel e Vaughan Williams. Esta cita, que terá lugar no Teatro Afundación ás 20.30 horas, estará dedicada a un dos compoñentes da Orquesta Clásica de Vigo, que faleceu recentemente. A seguinte sesión celebrarase o 6 de abril no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, cunha viaxe musical ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn. En maio, a formación presentará a obra de dous compositores coevos, Francis Poulenc e George Gershwin, no Teatro Afundación. Beethoven e Mendelssohn serán os protagonistas do concerto do 12 de outubro no Teatro Afundación, onde se interpretarán as conexións entre a música sinfónica de ambos autores. Na programación tamén haberá espazo para un proxecto que conxugará electrónica, audiovisual e música clásica denominado Práctica Electroclásica, que se poderá ver no MARCO o 16 de novembro. 

A temporada pecharase o 28 de decembro no Teatro Afundación co tradicional Concerto Extraordinario de Nadal, no que se combinará música de Sibelius coa banda sonora de Harry Potter, composta por John Williams. Todos as propostas do ano no que se cumpre o 35 aniversario da Orquesta Clásica de Vigo están fiados entre si, agrupados por contrastes e artistas complementarios, nunha programación que busca conectar obras de distintas épocas e estilos para xerar lecturas únicas no público grazas á confrontación das diversas creacións. 

Máis información: http://orquestaclasica.com/

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos