25052019Sáb
Última edición: Vie, 24 May 2019 11pm

entroido 2019

O BNG de Vigo critica a elección de Chenoa e Sidecars para o Entroido por ser “acomplexada” e “casposa”

A formación reivindica unha programación feita “desde o amor propio” fronte unha “verbena coas actuacións dunha coñecida cantante de pop español e unha banda de rock madrileña”

29 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Chenoa, este lunes en el programa Zapeando. / Imagen: La Sexta Chenoa, este lunes en el programa Zapeando. / Imagen: La Sexta

O BNG de Vigo criticou este martes os anuncios realizados polo Concello sobre a programación do Entroido, que inclúen os concertos de Chenoa e Sidecars.  Xabier P. Igrexas, candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo, valorou negativamente a decisión de Abel Caballero de reducir a celebración a unha “verbena coas actuacións dunha coñecida cantante de pop español e unha banda de rock madrileña”.

“Con decisións deste tipo o goberno municipal promove unha visión algo impostada e forzada que volve demostrar, unha vez máis, que ten unha visión cultural raquítica, acomplexada e, con todo respecto, algo casposa”, di o candidato nacionalista.

Pérez Igrexas lembrou que Vigo é unha das poucas cidades galegas cunha figura tradicional do Entroido urbano como son os ‘Merdeiros’, que foron recuperados hai poucos anos despois de ficar practicamente desaparecida desde os anos 20 do século pesado.

Neste sentido, reivindicou “poñer en valor e potenciar o Entroido vigués, cun forte acervo popular e con importante celebración en todos os barrios e parroquias da cidade”. Fronte a contratación de dous espectáculos con grupos musicais foráneos, Igrexas demandou “valorizar as comparsas, as coplas de Entroido e os pasarrúas” e apoiar con determinación ao “tecido cultural e veciñal que fai posíbel o Entroido vigués”.

Tamén fai referencia o candidato do Bloque á intención de Abel Caballero de comparar o noso Entroido co popular Carnaval de Río de Janeiro en Brasil. “Se se quere dimensionar o noso Entroido hai que facelo dende o amor propio, dende a valorización de todo o que nos caracteriza”, reclamou.

E é que para Igrexas, Vigo, como parte de Galicia, disfruta dunha vantaxe que é unha enorme potencialidade polo feito de “termos un idioma propio que nos conecta cunha comunidade de 200 millóns de falantes en todo o mundo, o mesmo que falan en Río”, enfatizou en alusión á lusofonía. “Temos que poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma e temos que conectalo con esa enorme comunidade internacional que partilla a nosa mesma visión”, sentencia.

Unha aposta polo noso
Para Igrexas o goberno municipal ten que superar esa visión “acomplexada e provinciana” e que non está á altura da nosa cidade. “Se dalgo ten que ser escaparate o Entroido de Vigo é da enorme potencia de creación musical que temos, con grupos propios que apostan pola nosa cultura”, remacha. O candidato do BNG lamenta que levamos anos padecendo esta situación tamén na programación das festas de verán e chama a non “aldraxar o noso Entroido”.

Artigo relacionado: Chenoa y Sidecars, los conciertos de Vigo para Carnaval

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos