18062019Mar
Última edición: Mar, 18 Jun 2019 10pm

conciertos

O festival Vive Nigrán anuncia a segunda confirmación do seu cartel

O evento, que xa permite adquirir os bonos de dous días, suma o pop electrónico dos barceloneses Hidrogenesse

11 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Hidrogenesse. Hidrogenesse.

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, contará cos directo de Novedades Carminha -xa anunciados previamente pola organización- e co pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse.

Hidrogenesse naceu no 1996 coa idea de crear un grupo conceptual no que calquera estilo musical puidese servir para compartir as súas ideas. Desde os seus inicios ata agora fixeron synth-pop, baladas cerimoniais, mambo electrónico, música progresiva, dance-music coma nos 90, pop sofisticado e falso rock'n'roll.

En Vive Nigrán presentarán o seu sexto álbum, ‘Joterías Bobas’, que publicarán na primavera deste 2019. Así definiu alguén o que eles fan, despectivamente, despois dun concerto seu en Cidade de México. Eles decidiron reapropiarse do insulto e gardalo para dar título a este disco, que supón un novo xiro no seu estilo, cunhas cancións máis melódicas, estrañamente antigas e románticas.

A banda define o disco como unha crítica ao desánimo e terapia contra a gravidade e que ten cancións escritas ou inspiradas en México e nas súas viaxes por Latinoamérica. Durante o primeiro trimestre de 2019 iranse adiantando algunhas das ‘joterías bobas’ que incluirá o álbum.

Actividades paralelas e entradas
O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, un mercadiño, sesións DJ, obradoiros, charlas...

Un listado de actividades que debuxan un festival de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite. E todo iso nun espazo máxico e co que mantén un compromiso de emprazamento: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido (un areal dos máis aplaudidos de todo o litoral galego pola súa extensión, area fina e de augas case transparentes) e ao pé da península de Monte Lourido.

As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com a un prezo de 20 euros os bonos de dous días.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

furtivismo

festival

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos