14122018Vie
Última edición: Jue, 13 Dic 2018 7pm

Dobre ración de Iván Ferreiro no auditorio Mar de Vigo

O músico galego ofrecerá un concerto con motivo do seu novo disco e outro coa Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura

10 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Iván Ferreiro. Iván Ferreiro.

Iván Ferreiro anunciou este mércores dúas citas musicais nos vindeiros meses en Vigo. A primeira delas terá lugar no marco da actuación que a Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura ofrecerá o próximo 28 de decembro no auditorio Mar de Vigo, un concerto que combina a música dunha orquestra sinfónica co valor do medio ambiente.

Trátase dun recital na que intervirán Ferreiro, esta formación paraguaia e un coro de pequenos cantores da Asociación de Corales Polifónicas de Vigo. As entradas, dispoñibles a partir de 9 euros, xa se poden adquirir a través de Ataquilla.com e o mesmo día do concerto. Toda a recadación que obteña coa venda de entradas se destinará integramente á Fundación da Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura, unha asociación formada polos pais dos nenos que conforman a agrupación musical e máis o director e creador da mesma, Favio Chávez.

A agrupación, que toca instrumentos creados a partires de materiais de desfeito, chega a Vigo na súa sexta xira por España. Ao longo destes anos, a Orquestra visitou outras cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Valencia ou Gijón.

Ademais, Iván Ferreiro confirmou as datas da súa xira de presentación no disco ‘Cena recalentada’, no que quere homenaxear ao grupo vigués Golpes Bajos versionando as súas cancións máis famosas. Ese 'tour' recalará en Vigo o 10 de marzo. As entradas poderanse adquirir proximamente a través de internet na web do músico, en Ticketmaster ou Ticketea.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

celta

el tiempo

comarcas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos