20092019Vie
Última edición: Jue, 19 Sep 2019 7pm

"O holandés errante", de Richard Wagner, por primeira vez en Vigo coa Filharmonía de Galicia

Trátase dunha coprodución da orquestra sinfónica coas asociacións de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago

23 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, con representantes de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago. / Foto: Xunta O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, con representantes de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago. / Foto: Xunta

A Real Filharmonía de Galicia pon en escena por vez primeira en Galicia a ópera de Richard Wagner O holandés errante en versión concerto.

Trátase dunha coprodución da orquestra sinfónica coas asociacións de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago, que conta cunha colaboración económica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de 15.000 euros. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou na xuntanza que mantivo con representantes da directiva da asociación viguesa o interese desta programación operística dirixida por Paul Daniel, que se desenvolverá o xoves 27 de setembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, ás 20:30 horas, e o sábado 29 de setembro no Teatro Afundación de Vigo, á mesma hora.

Co obxectivo de impulsar a oferta musical operística, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén apoiando a programación das principais asociacións galegas vinculadas á lírica, como son a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, a Asociación de Amigos da Ópera de San­tiago e a Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, esta última, a través da Agadic. Ademais, o Goberno galego contribúe coa actividade que desenvolven a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, a través do Consorcio de Santiago e do Consorcio para a Promoción da Música, respectivamente.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad 2019

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos