Imprimir esta página

‘Shrek, o musical’ chegará a Vigo en outubro

O auditorio acollerá a representación do espectáculo, que está baseado na produción de Broadway

12 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O cartel do musical. O cartel do musical.

Shrek, o ogro máis carismático e famoso do cine de animación desembarca en Vigo da man do musical que a produtora DreamWorks creou a raíz da película con música Jeanine Tesori. Trátase da primeira adaptación oficial ao galego do espectáculo, no que o popular personaxe enfróntase xunto ao seu amigo Burro ao desafío de rescatar á princesa Fiona da torre na que está pechada desde hai anos e vixiada por unha temible e romántica dragona.

A representación terá lugar no auditorio Mar de Vigo o vindeiro domingo 28 de outubro ás 18.00 horas. As entradas, que se poden adquirir a partir de 10 euros, xa se poden mercar a través da internet.

O espectáculo que se poderá ver en Vigo está baseado na produción orixinal de Broadway, que se levou a escena durante máis dun ano para logo comezar unha xira polos Estados Unidos. Desde o seu debut, os dereitos del musical estiveron dispoñibles para teatros independentes no estranxeiro, que optaron por organizar as súas propias versións.